Entrevista

Juan Gestal, profesor emérito da USC: “Hai risco de novas pandemias”

logo-tempos-exclusivo Juan Gestal, profesor emérito da USC: “Hai risco de novas pandemias”

A próxima pandemia non é unha hipótese, senón unha posibilidade permanente. O profesor emérito da USC Juan Jesús Gestal Otero advirte de que o verdadeiro reto non é evitar o inevitable, senón mellorar a preparación, reforzar a vixilancia epidemiolóxica e garantir unha resposta global baseada na cooperación e na equidade, sen as que ningunha sociedade estará realmente protexida.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Antonio Simón, actor e escenógrafo: “Para min o teatro é o máis importante” 

Antonio Simón, actor e escenógrafo: “Para min o teatro é o máis importante” 

Antonio Simón leva máis de medio século dedicado a construír o teatro galego desde todos os oficios posibles: actor, escenógrafo, director, produtor ou docente. Premio da Academia Galega de Teatro 2026, reivindica o escenario como a súa prioridade vital e percorre unha traxectoria inseparable da profesionalización e da historia recente das artes escénicas en Galicia.

Germán Labrador, profesor, investigador y comisario de arte: “Mesmo nos clásicos, as obras que están ou non no canon van variando”

Germán Labrador, profesor, investigador y comisario de arte: “Mesmo nos clásicos, as obras que están ou non no canon van variando”

Germán Labrador cuestiona a idea dun canon literario e artístico asentado en criterios neutrais e reivindica unha lectura da cultura desde as marxes, a memoria e o conflito. A pegada da cultura da Transición, o poder da ficción, o papel das institucións culturais e a disputa polo sentido dos clásicos nun tempo de fonda crise cultural centraron a conversa que mantivemos con el.

Joaquín Urias, profesor de Dereito Constitucional: “Perder apariencia de imparcialidade xera desconfianza”

logo-tempos-exclusivo Joaquín Urias, profesor de Dereito Constitucional: “Perder apariencia de imparcialidade xera desconfianza”

A crecente xudicialización da política e a perda de confianza cidadá na xustiza alimentan unha crise institucional que transcende os tribunais. As filtracións, a percepción de falta de imparcialidade, o lawfare e o papel dos xuíces nos grandes conflitos políticos sitúan o Estado de dereito no centro dun debate cada vez máis intenso. De todos estes temas falamos co profesor de Dereito Constitucional Joaquín Urías.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Ángel Santos, cineasta. Avanzar en cada plano 

Ángel Santos, cineasta. Avanzar en cada plano 

O cineasta Ángel Santos regresa coa súa terceira longametraxe, Así chegou a noite, un filme galardoado en Xixón que indaga nas contradicións humanas, o illamento e o peso do pasado. Fronte ao maniqueísmo actual, o director pontevedrés defende un cinema independente, intuitivo e de ritmo demorado, onde os espazos son o motor da narración e cada plano agocha un avance rigoroso.

Senen Barro, director científico do CiTIUS: “Se poño o foco no resultado, si, a máquina pensa” 

logo-tempos-exclusivo Senen Barro, director científico do CiTIUS: “Se poño o foco no resultado, si, a máquina pensa” 

A intelixencia artificial transformou xa a forma de producir coñecemento, tomar decisións e relacionarnos coa tecnoloxía. Conversamos co científico Senén Barro, que vén de publicar "Poden pensar as máquinas" (Alvarellos Editora, 2026), para cuestionar os marcos tradicionais cos que abordamos este fenómeno e advirte dos desafíos políticos, económicos e enerxéticos que acompañan unha revolución chamada a redefinir o equilibrio global.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Xosé Carlos Arias, economista: ‘O tempo é ouro’: finanzas lóstrego e recesión democrática

logo-tempos-exclusivo Xosé Carlos Arias, economista: ‘O tempo é ouro’: finanzas lóstrego e recesión democrática

A democracia pensa en anos; as finanzas actúan en microsegundos. Entre ambos os ritmos ábrese unha fenda cada vez maior que fortalece os mercados, concentra poder nas grandes tecnolóxicas e debilita a capacidade dos Estados para responder aos desafíos do noso tempo. Son algúns dos temas sobre os que reflexiona o economista Xosé Carlos Arias nesta entrevista.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Melchor Fernández, economista: “A xestión da inmigración foi un fracaso”

logo-tempos-exclusivo Melchor Fernández, economista: “A xestión da inmigración foi un fracaso”

A regularización masiva de persoas inmigrantes non é unha solución, senón o recoñecemento dun fracaso na xestión política. O catedrático Melchor Fernández analiza nesta entrevista como Galicia e España dependen dun fluxo migratorio ineludible, mentres o sistema público e o mercado laboral fallan na súa integración real.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Susana Mangana, experta en Oriente Medio: “Delegamos a seguranza europea nun aliado que non é tal” 

logo-tempos-exclusivo Susana Mangana, experta en Oriente Medio: “Delegamos a seguranza europea nun aliado que non é tal” 

A intervención de EE.UU. e Israel en Irán enfronta un paradoxo social: o profundo malestar interno contra o réxime dos aiatolás choca co "orgullo nacional" fronte á agresión externa. Para comprender as claves do conflito, dende o peso do lobby sionista na estratexia de Trump ata a resistencia cultural dunha sociedade que entende o sacrificio como un piar identitario, conversamos con Susana Mangana, investigadora e experta en Oriente Medio.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo