Milleiros de menores en Galicia viven na sombra administrativa, atrapados nunha espiral de pobreza e exclusión. Sen un NIE que lles abra as portas ao alugueiro ou á educación, as familias enfróntanse a barreiras burocráticas invisibles.
Menores sen papeis, o efecto da irregularidade e as súas necesidades
Milleiros de menores en Galicia viven na sombra administrativa, atrapados nunha espiral de pobreza e exclusión. Sen un NIE que lles abra as portas ao alugueiro ou á educación, as familias enfróntanse a barreiras burocráticas invisibles.
Unha nova economía-mundo capitalista?
A historia do capitalismo non se explica dende as nacións, senón como un sistema-mundo global. Seguindo as teses de Wallerstein, a hexemonía que viaxou de Portugal a Estados Unidos afronta hoxe o seu declive: un cambio de eixe cara ao Pacífico que redefine o noso tempo.
Melchor Fernández, economista: “A xestión da inmigración foi un fracaso”
A regularización masiva de persoas inmigrantes non é unha solución, senón o recoñecemento dun fracaso na xestión política. O catedrático Melchor Fernández analiza nesta entrevista como Galicia e España dependen dun fluxo migratorio ineludible, mentres o sistema público e o mercado laboral fallan na súa integración real.
Temos que falar de algo
Abordar a inmigración esixe ir máis alá das boas intencións. Mentres as cifras macroeconómicas son positivas, a realidade amosa friccións no mercado laboral e servizos públicos que non podemos ignorar. Se non fortalecemos o Estado do benestar e reducimos a desigualdade, a cohesión social perigará.
Galicia, historicamente terra de emigrantes, vive hoxe un cambio de ciclo como receptor de novos fluxos migratorios. Falamos con persoas migrantes, coa axuda da asociación AMIGA, para entender a realidade dun colectivo que busca en Galicia seguridade e unha vida mellor, e para desmentir con datos os mantras e prexuízos que alimentan discursos xenófobos.
Mohammad Nazari, estudante iraniano en España: “A agresión súmase aos problemas que xa tiñamos”
Mohammad Nazari, estudante iraniano en España, fala do impacto da guerra e a represión no seu país. Na conversa que mantivemos con el denuncia o illamento social, o sufrimento civil ante os ataques externos e a complexa resistencia dun réxime que asfixia á mocidade.
Irán, a guerra longa que Washington non anticipou
O conflito aberto o 28 de febreiro entre Estados Unidos, Israel e a República Islámica reproduce os trazos das guerras de Oriente Próximo que Trump prometera non volver repetir, con obxectivos difusos, custo económico crecente, fracturas na familia MAGA e un réxime que aguanta o golpe. Entre as proclamas de vitoria e a solicitude de 200.000 millóns de dólares adicionais ao Congreso, a administración exhibe unha incoherencia que vai alén da táctica e que afecta á credibilidade mesma da operación.
Migracións, oportunidade para o desenvolvemento humano
A aportación actual ao erario público da poboación migrante representa o 10% dos ingresos anuais da Seguridade Social, e só lle supoñen un 1% do seu gasto. Porén, o feito de que os traballadores e traballadoras estranxeiras adoitan concentrarse nas actividades laborais de menor remuneración, supón que as persoas migrantes teñan unha taxa de pobreza que case duplica a do conxunto da poboación.
Hai só uns meses entrevistabamos a Marciano Sánchez Bayle. Conversabamos con el, na súa calidade de presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, sobre o desenvolvemento do sistema sanitario en España e tamén da súa degradación. Hoxe soubemos do seu falecemento. Lembrámolo a modo de homenaxe recuperando aquela entrevista.
Democracia e medios de comunicación públicos
Os medios públicos independentes deben ser os que establezan o limiar de esixencia, o estándar de calidade, deben forzar unha competencia por arriba, por calidade e fiabilidade, os que atendan ao interese xeral e non ao do pagador.