Baixo a excusa do dereito á defensa contra os autores xihadistas, os bombardeos israelís arrasan a franxa de Gaza sen diferenciar obxectivos.
Baixo a excusa do dereito á defensa contra os autores xihadistas, os bombardeos israelís arrasan a franxa de Gaza sen diferenciar obxectivos.
Entrevista con Francisco del Pozo, portavoz de Greenpeace
Francisco del Pozo, portavoz de Greenpeace e experto en combustibles fósiles abordar nesta entrevista a cuestión desde unha perspectiva ambiental. Complementa a visión socioeconómica aportada por Antonio Turiel.
Entrevista con Antonio Turiel, investigador do CSIC
Un dos expertos máis recoñecidos no referido a canto está conformando o panel de causas que dificultan a chamada transición enerxética é Antonio Turiel. Nesta entrevista aporta unha valoración crítica referida a proxectos que se xestionan en Galicia.
Hidróxeno verde, solución e ameaza para a transición ecolóxica
Pasa o hidróxeno verde por ser o grande protagonista da transición enerxética. Porén, tamén converxen os expertos en asegurar que a súa produción a grande escala xera fortísimos impactos ambientais e sociais nos territorios.
O presente da memoria
A memoria é o camiño que vai trazando a nosa persistencia, a nosa insistente viaxe por acontecementos indelebles. Ás veces volvemos tocar cicatrices, ás veces percórrenos unha corrente de pracer. En todo caso, a memoria sempre se vive como algo que ocorre no tempo presente, e nela articúlanse os ecos de onte cos ruídos de hoxe. Nada máis expresivo desta persistencia da memoria que a actual batalla en Chile pola significación histórica da Unidade Popular e o Golpe de Estado de 1973
Entrevista con Sergio Bitar e Javier Bertín
"A ditadura cambiou incluso a forma de ser chileno" Dúas voces moi significadas que viviron e sufriron o Golpe que, inspirado e apoiado polos EUA, se encargara de capitanear Pinochet naquel dramático setembro chileno de 1973, aceptaron o convite de Tempos Novos...
Chile á vista
Nos anos setenta, a experiencia chilena era seguida con curiosidade e esperanza en todo o mundo. Tamén naquela Galicia que se asomaba ao final do franquismo e que tiña no maxín as andanzas por aquelas terras de Blanco-Amor ou Suárez Picallo. Para moitos, o golpe de...
Eólica mariña. Unha distopía feita realidade
Os muíños de vento que o goberno español planea instalar en augas da costa galega ameazan a preservación dos caladoiros de pesca e dos corredores ecolóxicos mariños. Unha nova e invasiva actuación sobre o noso litoral que penaliza ao sector da pesca. Puxar o mar para ocupalo desa maneira, sen analizar os efecos económicos e sociais que comporta, é temerario.
Segunda entrega do informe xornalístico baseado no detallado e moi documentado informe técnico no que o biólogo Xaquín Penas Patiño dá resposta ás preguntas que agroman baixo o demagóxico envolvente —outravolta manipulador e ameazante— do progreso a propósito dos plans eólicos de diversas muntinacionais. O progreso de quen? E a costa de que?
Corenta anos despois, desfían as costuras do Estatuto. Fora aprobado á marxe do estatus de soberanías compartidas entre o Estado e a UE, quedando moi condicionado o autogoberno das autonomías. As últimas grandes crises evidenciaron moito desfase no seu articulado. Pese a iso, O goberno de Feijóo séguelle poñendo o freo á reforma de calado que xustificaron os participantes no debate organizado pola revista Tempos Novos.