Precisamos ter un sistema rural-alimentario dentro da UE (e no reino de España, e na Galiza) que non se poña en perigo polos apóstolos da “produtividade e libre comercio”, os mesmos que están a deixar claro que pola lei da forza rachan o comercio marítimo e bloquean a quen lles peta. E para iso precisamos producir aquí cousas mesmo que sexan máis “caras”.
















