Supoño que non se precisa informar a ninguén de que, tamén, co Camiño de Santiago e coas políticas da Xunta no eido turístico somos campións de España. Veño de ver un suplemento “alimenticio” sobre FITUR no diario de maior tirada de Galicia de máis de trinta páxinas con esta música ambiental. Mellor, para non marear, non reproducir moreas de titulares nos medios de comunicación.
Porque tamén nisto seica vivimos na Galicia que funciona. A Galicia que imos exportar ao resto de España dende La Moncloa para que aprendan como se fan ben as cousas: do imparable tandem Rueda-Feijoo. Pero é mágoa porque sinto, outra volta, discordar.
Dun recente informe anual de Exceltur (16 xaneiro de 2025), recollo ao menos tres argumentos que non encaixan para nada con esa Galicia triunfal. Para empezar na páxina 14 dese informe figuran os datos dos ingresos turísticos nas principais cidades españolas. De Galicia figuran Coruña, Vigo e Compostela.

Fonte: informe Exceltur (16 enero de 2025) páxinas 14 e 15 [ampliar cadro]

Fonte: informe Exceltur (16 enero de 2025) páxinas 14 e 15 [ampliar cadro]
Con estes precedentes no é de estrañar que as previsións para este ano 2025 sexan as que se recollen no citado informe na páxina 23. Reproduzo o cadro completo xa sen comentarios.

Fonte: informe Exceltur (16 enero de 2025) páxina 23 [ampliar gráfico]
Claro que, ¿alguén o dubida?: Galicia funciona. Nos medios de comunicación masiva cóidanse moito de airear estas cousas. E esa é a película: (G)alicia no país das maravillas.