Domingo 1, Outubro 2023
HomeEconomíaCONCENTRACIÓN BANCARIA E RISCO SISTÉMICO

CONCENTRACIÓN BANCARIA E RISCO SISTÉMICO

A fusión de Caixabank e Bankia provocaría que a concentración bancaria en España chegase a sextuplicar a existente en Alemania.

 

por Albino Prada

Unha alta concentración en poucas empresas do poder de mercado acostuma asociarse con prácticas pouco competitivas e de abuso para cos consumidores. Dita concentración para o sector financeiro acostuma avaliarse coa concentración ou cota de mercado que teñen as cinco maiores entidades (C5). Para dito sector en España o Banco Central Europeo estima que en 2018 esta concentración C5 (Santander, BBVA, Caixabank, Bankia, Banco de Sabadell) alcanzaba o 68,5 % do total de activos do noso sistema financeiro.
Unha concentración próxima ao setenta por cento debe considerarse elevada e problemática en relación ás cifras doutros países da UE que se sitúan nos extremos superior e inferior. Á vista dos datos do gráfico seguinte non parece que incrementar a nosa concentración sexa camiñar na dirección dos países (Alemaña, Reino Unido o Francia) que acostumamos considerar referentes económicos. E iso é o que acontecería de forma significativa se se fusionasen Caixabank e Bankia ao entrar en C5 un ha nova entidade (Bankinter) e superar de largo así o 70 %.


Existe una forma alternativa e algo máis sofisticada de avaliar a concentración do mercado bancario nun país. Trátase do coñecido como índice de Herfindhal que para España alcanzaba en 2018 os 1.138 puntos. E aínda que o nivel medio en España está aínda lonxe do nivel dos 1.800 puntos que se considera preocupante a nivel internacional, segue sendo certo que países referentes como Alemaña apenas anotan 245 puntos (cinco veces menos) ou Francia 664 (a metade). Mal camiño levamos.
Pero, de novo, sucedería que coa concentración de dous grandes entidades (como Caixabank e Bankia) o índice achegaríase perigosamente ao umbral preocupante para o conxunto de España. Un umbral preocupante que xa se rexistra agora en moitas provincias españolas como ten estudado Joaquín Maudós. Pois en 2016 xa estaban por enriba dos dous mil puntos (sendo 1800 problemático): Barcelona, Almería, A Coruña, Cuenca, Girona, Guadalajara, Huelva, Huesca, Lleida, Navarra, Ourense, Pontevedra, Santa Cruz de Tenerife, Segovia, Soria, Tarragona, Teruel, Toledo, Zamora y Zaragoza.
Por todo o que precede a nosa Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia así como a Dirección General de la Competencia de la Unión Europea deberan analizar calquera nova fusión das grandes entidades españolas con lupa e a escala provincial.
Acontece que, ademais, o tamaño e a concentración das entidades máis grandes ten una repercusión directa non só no nivel de competencia, senón no que se considera una amenaza de risco moral. O seu carácter sistémico.
Unha entidade considérase sistémica cando ten a capacidade de desestabilizar a totalidade do sistema financeiro e afecte seriamente á economía real en caso de quebrar. O Consejo de Estabilidad Financiera publica periódicamente a súa lista G-SIBSs na que se encontra o Banco Santander, e na que con toda probabilidade entraría o novo banco resultado da fusión de Caixabank e Bankia.

Fonte: https://www.fsb.org/wp-content/uploads/P161118-1.pdf
Fonte: https://www.fsb.org/wp-content/uploads/P161118-1.pdf

Pois os activos globais do Banco Santander elévanse a 609 mil millóns de euros e os da entidade resultante da fusión de Caixabank e Bankia ascenderían a una cifra se acaso superior. Co que España pasaría de contar cun banco sistémico a facelo con dous. Dúas entidades que a escala global se considerarían demasiado grandes para deixalas caer. Algo que xa anota o Banco de España na súa clasificación doutras entidades de carácter sistémico (OEIS 2020).
Sendo así que, en resumen, a fusión de dúas das maiores entidades financeiras de España non só entraña serios riscos de empeorar unha competencia xa manifestamente mellorable, senón que duplica o risco moral do noso sistema financeiro. Dous riscos galopantes: para os consumidores e para os contribuíntes españois.

 


Albino Prada é membro de ECOBAS e do Consello Científico de Attac España.