Xuizo e asedio ao sanchismo

| Dossier

A definitiva ruptura, co non aos decretos maricarmen de Junts, da maioría que sustentara dificultosamente o goberno de coalición encabezado por Pedro Sánchez obrigou ao presidente español a convocar novas eleccións para o vindeiro 29 de novembro.

Neste dossier, elaborado antes do tráxico accidente ferroviario na provincia de Toledo, varios dos nosos colaboradores habituais como son Manuel M. Barreiro, Manoel Barbeitos e Albino Prada botan luz sobre o legado do goberno progresista nos eidos político e partidario, do benestar e económico. Acompáñase dunha entrevista co investigador Víctor Sampedro onde aventura posíbeis escenarios logo do 29-N e o papel que xogarán o día despois os distintos actores políticos de esquerda e dereita.

É difícil calibrar o impacto que o accidente de Urda pode ter no ambiente político español, se ben os efectos parecen ser doadamente inferíbeis.

· DEMOCRACIA SOLIDARIA OU INVOLUCIÓN AUTORITARIA – Manuel Martínez Barreiro
· ESTADO DE BENESTAR E GOBERNO PROGRESISTA – Manoel Barbeitos
· UN CAPITALISMO SEN ATADURAS – Albino Prada
· ENTREVISTA / VÍCTOR SAMPEDRO: ” PARA SÁNCHEZ, TRIBUNAIS E CADEA. ESTOU SEGURO DE QUE ISO ENTRA NOS PLANS DA DEREITA”– Francisco Cortez-Lobão Sineiro