Unha bandeira pirata percorre o mundo

| Dossier

Durante este 2025, unha manchea de países de todo o globo experimentaron protestas sociais de grande intensidade -nalgúns, coma Nepal, chegaron a tumbar o goberno- onde o principal rol recaeu sobre a GenZ, as persoas nadas entre os derradeiros anos do século XX e ao longo da primeira década deste XXI. Marrocos, Madagascar, Quenia ou Perú foron escenarios destas mobilizacións onde os programas e os símbolos clásicos foron substituídos por elementos da cultura pop como a famosa bandeira pirata do manga xaponés One Piece. Unha pista de que as chaves interpretativas para entender o mundo mudan.

Neste dossier avaliamos o acontecido a través do testemuño experto do politólogo David Alvaro, da investigadora serbia Branka Ćurčić e do filósofo e escritor Miguel Vázquez Freire.

Inclúe os artigos:

· Novos movementos sociais coa bandeira pirata como símbolo, por Miguel Vázquez Freire
· Protestas estudantís e cambios sen política, por Branka Ćurčić
· Entrevista | David Alvarado: “A xeración Z aprendeu que a dignidade non se negocia, e iso cambia as regras do xogo político”, por Francisco Cortez-Lobão