O 2026 non ofrece un panorama máis claro que o dos anos previos. Se acaso, ao contrario, mentres a actualidade se condensa e precipita. En Galicia, o ecuador da lexislatura non consegue agochar problemas estruturais do país que arrastramos deste hai anos e que Manoel Barbeitos sintetiza e enumera no primeiro dos artigos deste en dossier.
A continuación, o analista José Luis Martín Palacín reflexiona sobre os retos, abondosos e máis ca evidentes tras as eleccións estremeñas, para o bloque progresista en España se pretende que o país siga a ser unha excepción na crecente marea da extrema dereita aquén e alén do Atlántico.
A economista da Universidade de Santiago de Compostela Dolores Riveiro contextualiza a realidade europea e analiza o momento deténdose na situación da Unión entre dous bloques, o ruso e o estadounidense, dispostos novamente a xogar ao xadrez no noso continente.
A voz experta de Xulio Ríos, presidente de honra do IGADI, revisa a situación xeopolítica global que complementa introducindo na ecuación a presenza, perenne xa neste século, do xigante chinés.
· GALICIA ANO 2026, por Manoel Barbeitos
· O FUTURO INMEDIATO DA NOSA COXUNTURA POLÍTICA, por José Luis Martín Palacín (contido só dispoñible con subscrición).
· A AXENDA DO EQUILIBRIO ESTRATÉXICO, por Xulio Ríos (contido só dispoñible con subscrición).
· OS RETOS ECONÓMICOS EUROPEOS NO CONTEXTO DA XEOPOLÍTICA GLOBAL, por Dolores Riveiro (contido só dispoñible con subscrición).





