A da Intelixencia Artificial confírmase como a gran revolución do mundo postpandémico. En moi pouco tempo, as súas capacidades e o seu uso multiplicáronse, en ambos os dous casos a escalas dignas dun gran salto evolutivo. Mentres unha tecnoloxía nova avanza xerando a inevitábel burbulla e o conseguinte temor ás súas capacidades, xorden todo tipo de dúbidas. Que límites pode acadar? Que recursos consumirá para atinxilos? En canto tempo? De que modo influenciará as relacións do ser humano co seu medio e con outros seres humanos? Mentres a IA e os seus distintos modelos e aplicacións -da doméstica á militar- se insiren na nosa vida, conversamos co director científico do CiTIUS, Senén Barro. Ademais, introduce a cuestión un exhaustivo artigo sobre a natureza da IA, a súa historia e os conflitos no desenvolvemento desta tecnoloxía a cargo da enxeñeira industrial e directora de Inovalabs Digital, Natalia Nogueira. Por último, o xornalista Francisco Cortez-Lobão Sineiro analiza o impacto do terremoto ocasionado pola IA nun dos asentos máis firmes do mundo, o trono de San Pedro.
OS ARQUITECTOS DO FUTURO: QUEN DECIDE COMO PENSA A IA? – Natalia Nogueira López
ENTREVISTA / SENÉN BARRO, DIRECTOR CIENTÍFICO DO CiTIUS: “SE EN VEZ DE NO PROCESO POÑO O FOCO NO RESULTADO, SI, A MÁQUINA PENSA” – Francisco Cortez-Lobão Sineiro
O DEUS DA HUMANIDADE CONTRA O DEUS DA MÁQUINA – F. C-L





