A regularización extraordinaria de persoas migrantes no Estado español anunciada polo Goberno central causou un terremoto político. A posibilidade para milleiros de persoas de normalizar a súa situación en España e saír da irregularidade e a precariedade asociada supón un importante movemento no seo do mercado laboral e da estrutura social españolas. É o sétimo proceso deste tipo nas últimas catro décadas, tras os dos gobernos González, Aznar e Zapatero.
É tamén, se acaso, a máis contestada, nun momento de normalización da extrema dereita en España. De facto, pouco despois de ser anunciada comezaron os pactos autonómicos entre o PP e Vox sustentados sobre a “prioridade nacional” no acceso aos beneficios do Estado do benestar.
Para analizar a realidade do fenómeno migratorio en España e, moi especialmente, en Galicia, contamos neste dossier co testemuño do catedrático da USC e autoridade no estudo do mercado laboral Melchor Fernández, así como coas contribucións dos economistas Manoel Barbeitos e Gonzalo Rodríguez, e o educador social Francisco X. Cela.
· AS REALIDADES DA INMIGRACIÓN – Manoel Barbeitos
Contidos dispoñíbeis con subscrición:
· ENTREVISTA / MELCHOR FERNÁNDEZ: “A REGULARIZACIÓN MASIVA EVIDENCIA O FRACASO DA XESTIÓN PREVIA DA INMIGRACIÓN” – Francisco Cortez-Lobão Sineiro
· TEMOS QUE FALAR DE ALGO – Gonzalo Rodríguez Rodríguez
· MENORES SEN PAPEIS EN GALICIA, O EFECTO DA IRREGULARIDADE E AS SÚAS NECESIDADES – Francisco X. Cela





