Vivimos tempos nos que a desigualdade acadou niveis poucas veces coñecidos. Mentres unha elite de multimillonarios acumula fortunas obscenas -xa se fala de billóns de dólares ou euros- o número de familias que teñen dificultades para cubrilas súas necesidades básicas -alimentación, vivenda, transporte, saúde…- medra e se cronifica. Unhas diferenzas que non respectan idade, xénero, orixe, raza ou situación profesional. Unhas desigualdades que están na orixe das sucesivas crises que castigan as economías occidentais pero que teñen causas políticas. As políticas públicas que dende hai xa algunhas décadas se veñen aplicando, especialmente na Unión Europea onde as elites políticas non abandonan os dogmas nin os intereses de clase a pesar de que continuamente demostran o seu fracaso.
Inclúe os artigos:
DESIGUALDADE E POLÍTICA PÚBLICA – Xoaquín Fernández Leiceaga (contido accesible con subscrición).
ENTREVISTA XOSÉ CUNS, DIRECTOR DA EAPN GALICIA: “A POBREZA É UNHA DECISIÓN POLÍTICA” – Manoel Barbeitos
POBREZA INFANTO-XUVENIL E POLÍTICAS PÚBLICAS NA GALIZA – Francisco X. Cela Vázquez (contido accesible con subscrición).
PENSIÓNS PÚBLICAS E POBREZA NA VELLEZ – Xavier Pérez Dávila (contido accesible con subscrición).
A POBREZA E AS PERSOAS TRABALLADORAS EN GALICIA – Trinidad Campos Rodríguez (contido accesible con subscrición).





