A Internet que nos prometera liberdade e democracia converteuse no novo/vello Oeste. “Criamos ser os vaqueiros, pero resulta que somos os búfalos” (o antropólogo AnthroPunk en Tristes por diseño). As empresas ou plataformas que a colonizan detentan un superpoder global grazas aos datos de comportamento que un tercio da humanidade lles traslada a través das redes sociais, etiquetándoos ata o infinito para vendelos despois ao mellor postor. É o que constitúe o capitalismo de vixilancia, en atinada definición da profesora Shoshana Zuboff. Un capitalismo sen democracia. No que as estratexias de manipulación e as campañas de odio, desinformación e fake news atopan a complicidade que precisan para teren éxito. A lóxica opaca e cambiante pola que se rexen as cinco principais plataformas dixitais -Google, Facebook, Microsoft, Apple e Amazon- superponse ao goberno descentralizado da Internet, pola que transitan, e tamén ás leis dos estados soberáns. Utilizan para iso algoritmos entrenados para entender, predicir e modificar os pensamentos e actitudes das masas. Conforman así o quinto poder, o máis perigoso de todos -ten capacidade para dobregar aos catro anteriores, porque conseguíu poñer o proceso democrático a traballar para a súa propia destrución. Unha pandemia dixital da que todos nós somos vítimas -os búfalos do novo Oeste-.
Urxe unha vacina coa que enfrontala. Coas institucións públicas poñéndolle freo a ese quinto poder. Con este dossier, exclusivo para subscritores, aportamos vías de reflexión e debate sobre este alarmante fenómeno.
Contén os artigos:
Públicos algorítmicos e democracia, por Berta García Orosa
Plataformas digitais, regulação capitalista e crise, por César Bolaño [Contido exclusivo subscritor@s]
Democracia e medios de comunicación públicos, por Gonzalo Rodríguez [Contido exclusivo subscritor@s]
Entrevista Víctor Sampedro, catedrático de Comunicación Política, por Manoel Barbeitos [Contido exclusivo subscritor@s]