Un dossier no que especialistas analizan o acontecido o 28 de abril e as opcións para evitar un novo apagamento do sistema eléctrico.
Un dossier no que especialistas analizan o acontecido o 28 de abril e as opcións para evitar un novo apagamento do sistema eléctrico.
Jorge Fabra foi unha das voces de referencia nas primeiras horas de incerteza ante o apagamento eléctrico, como unha das figuras de autoridade indiscutíbel para falar do sector. Falou dende o primeiro momento dunha concatenación de sucesos pouco probábeis que terían concorrido á vez e, igualmente, foi unha das voces que dende o comezo advertiron da complexidade do diagnóstico e da dificultade de procurar respostas sinxelas nun sistema complexo.
Aos que, como en Galicia, podiamos ter todo o consumo doméstico cuberto con hidráulica nun subsistema propio, quedounos cara de parvos con este colapso eléctrico. Temos que ir cara un modelo menos centralizado, menos oligopólico e máis distribuído por áreas, un modelo que tería maior resiliencia e maior resistencia de ciberseguridade.