Arde o grande azul

| Dossier | Arde o grande azul

Se os océanos ocupan un papel clave na regulación do clima, resulta oportuno coñecer cal e a situación na actualidade, cando cada vez son menos os que dubidan de que estamos asistindo a un cambio climático froito da acción humana. Neste marco queremos saber como afecta a saúde dos mares e océanos esta mudanza. Coñecermos cal é o seu impacto actual e futuro, cal a súa magnitude. Que posibles alteracións está provocando nos propios mares e océanos, e como estas se manifestan sobre a fauna e flora. E como estes cambios transformarán a vida da poboación humana, a maioría do noso país, que vive ollando para o mar ou moi próxima del.

Con este obxectivo, nas seguintes páxinas debullamos a cuestión diferenciando o impacto económico, para o que contamos coa contribución de Gonzalo Rodríguez, do departamento de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC, do ecolóxico, para o que Marta Martín-Borregón, responsable de Océanos e Pesca de Greenpeace, colabora cun texto que repasa e identifica este. Polo medio, unha demorada conversa con Carlos Bravo Villa, biólogo e asesor de OceanCare, pon en perspectiva a situación internacional e a galega, evidenciando as materias pendentes dos gobernos nos distintos niveis administrativos.

· Cambio climático e océanos, por Marta Martín-Borregón

· Os galegos somos prescindibles, por Gonzalo Rodríguez

· Entrevista | Carlos Bravo Villa, biólogo: “Os cambios no océano terán impacto na biodiversidade e na subsistencia de 2.000 millóns de persoas”.