A Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego publicada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) acendeu todas as alarmas sobre a lingua por evidenciar que a fenda na transmisión xeracional da lingua se alarga. O futuro do idioma non está garantido, cun importante volume de poboación infantil que non sabe falalo, e mostrando por primeira vez que o castelán supera ao galego como lingua de uso habitual en Galicia. Ante esta situación, botamos man de expertos en distintos ámbitos para avaliar o estado da cuestión e achegar ao debate sobre un necesario cambio de rumbo.
Inclúe os artigos:
O GALEGO NON REMONTA – Francisco Cortez-Lobão Sineiro
A DESGALEGUIZACIÓN DA INFANCIA. ACHEGAS PARA UN DIAGNÓSTICO – Gabino Vázquez-Grandío, Xaquín Loredo
LINGUA, ENSINO, SOCIEDADE: A CONQUISTA DO PROPIO – María López Sández
O GALEGO VIRTUAL – Anxo Sánchez, Francisco Cortez-Lobão Sineiro
***
Todo o número está dispoñible para subscritores/as na Área Privada de TEMPOS DIXITAL en formato pdf e en formato web a través deste sumario.
Se dispós dunha subscrición a TEMPOS NOVOS, rexístrate de balde en TEMPOS DIXITAL e accede xa a estes contidos (activación en 24-48 horas).
Se non tes subscrición, elixe na nosa tenda a que mellor se axuste ás túas preferencias.