Un amplo dossier sobre a situación da vivenda no que contamos con voces expertas e autorizadas para deseñar e traer á luz non só un estado da cuestión senón un percurso histórico e un exemplo de alternativas ao actual modelo de vivenda.

Un amplo dossier sobre a situación da vivenda no que contamos con voces expertas e autorizadas para deseñar e traer á luz non só un estado da cuestión senón un percurso histórico e un exemplo de alternativas ao actual modelo de vivenda.
En xuño de 2024, a enquisa do CIS sinalaba o acceso á vivenda como o segundo maior problema identificado polos españois -cun 21,2%-, só por detrás dos problemas políticos en xeral -23%- (CIS, 2024). No caso de Galicia, as enquisas recentes de Sondaxe indican que a vivenda é a segunda maior preocupación dos galegos, só por baixo da sanidade. Que é o que provoca esta problemática da vivenda? E como se pode solucionar?
Fronte ao enfoque integrador das outras CCAA que buscou harmonizar os intereses derivados da propiedade con outros intereses constitucionalmente protexidos (o dereito á vivenda ou a protección do ambiental), a actual narrativa institucional galega parece contrapoñer a “propiedade” coa súa propia función social. Un marco discursivo que enfronta as medidas de protección dos dereitos coa propiedade e o benestar dos mercados.
Para falarmos sobre a problemática da vivenda, xuntamos dúas voces acreditadas: César Portela e de Daniel Pino. O primeiro, figura imprescindíbel da arquitectura galega contemporánea. O segundo, urbanista de renome, director do Instituto Galego de Vivenda e Solo durante o gran pulo funcional dese organismo.
A vivenda colaborativa estase convertendo nun modelo que ofrece solucións a diferentes necesidades da cidadanía, de todas as persoas a calquera idade. Entre estas, a necesidade de gozar dunha vivenda digna e estable sen ánimo de lucro e de pór os coidados no centro da vida das persoas. Tamén a necesidade de colaborar promovendo un estilo de vida sostible e respectuoso co medio no que vivimos.