Dossier

Xuizo e asedio ao sanchismo

Xuizo e asedio ao sanchismo

Neste dossier varios dos nosos colaboradores habituais botan luz sobre o legado do goberno progresista nos eidos político e partidario, do benestar e económico, diante da convocatoria electoral do 29N.

A economía do 29N: un capitalismo sen ataduras

logo-tempos-exclusivo A economía do 29N: un capitalismo sen ataduras

Os escenarios económicos e políticos que se abren ante as eleccións do 29N avanzan unha posible aceleración das políticas neoliberais, o debilitamento dos dereitos sociais e un modelo económico cada vez máis dependente do turismo, a vivenda e os grandes intereses financeiros.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Estado de benestar e goberno progresista

logo-tempos-exclusivo Estado de benestar e goberno progresista

O emprego e as pensións públicas rexistraron avances significativos durante os gobernos de Pedro Sánchez, pero persisten importantes déficits no Estado de benestar, especialmente no acceso á vivenda. Un balance con luces e sombras que pon o foco nos límites das políticas públicas e nos retos aínda pendentes.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A globalización do medo

A globalización do medo

Neste dossier, senllas conversas co historiador Xosé Manoel Núñez Seixas e a politóloga Paloma Castro, da Universidade de Santiago de Compostela, e un artigo a cargo do politólogo David Alvarado, da Universidade de Vigo, arroxan luz sobre as distintas manifestacións nacionais da extrema dereita e o empurre que a crise política e humanitaria de Ceuta pode outorgarlle.

Paloma Castro, politóloga: “O votante de Vox non é o perdedor da globalización”

logo-tempos-exclusivo Paloma Castro, politóloga: “O votante de Vox non é o perdedor da globalización”

A extrema dereita española mudou o foco tras a perda de centralidade do procés. A inmigración ocupa agora o centro dun discurso que apela á identidade, á seguridade e ao acceso á vivenda, mentres as súas ideas gañan espazo no debate político e se aproximan ás da dereita tradicional. Falamos coa politóloga Paloma Castro sobre o avance da extrema dereita española, o peso da inmigración e a evolución do votante de Vox.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Distintas bandeiras, un mesmo idioma: así fala a ultradereita global

Distintas bandeiras, un mesmo idioma: así fala a ultradereita global

MAGA, Rassemblement National, Fratelli d’Italia, Vox, Alternative für Deutschland ou Reform UK responden a historias nacionais distintas, pero comparten unha maneira de ler a realidade. Os mesmos marcos vinculan inmigración, identidade, soberanía e elites ata converter a vivenda ou os servizos públicos en capítulos dun único relato de perda e ameaza. Esas ideas circulan en rede, sen dirección centralizada, e cada forza tradúceas á súa propia memoria colectiva.

Xosé M. Núñez Seixas, historiador: “A maior parte da ultradereita pensa nunha democracia iliberal”

logo-tempos-exclusivo Xosé M. Núñez Seixas, historiador: “A maior parte da ultradereita pensa nunha democracia iliberal”

A ultradereita europea xa non precisa proclamar ditaduras ao estilo do século XX. Agora aspira a transformar as democracias desde dentro. O historiador Xosé M. Núñez Seixas analiza nesta entrevista o auxe da dereita radical, a súa capacidade para impor novos marcos sobre inmigración e identidade e o risco de que as crises erosionen os contrapesos democráticos.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
O novo rural galego

O novo rural galego

A elección de Xosé Neira Vilas para o próximo Día das Letras Galegas serve de punto de partida para revisar o rural galego, unha realidade profundamente transformada desde os tempos de Balbino. O dossier aborda, da man de Xosé López González, María del Camino Pereiro González e Mar Pérez-Fra, a relación de Neira Vilas co rural, a situación da escola e as mudanzas da paisaxe, nunha reflexión que terá continuidade nos próximos números.