Domingo 4, Xuño 2023
HomeComunicaciónVitaminas para o galego organizará un festival artístico

Vitaminas para o galego organizará un festival artístico

Vitaminas para o Galego está a traballar na organización dun festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela que suporá o arranque dunha nova fase nas súas actividades de visibilización do galego nos medios de comunicación.

Ademais, Vitaminas para o Galego xa entregou as recompensas aos 197 mecenas que aportaron en total 6.830 euros na primeira fase a través de internet, duplicando as expectativas de recadación. Os nomes dos contribuidores que aceptaron publicar o seu apoio aos medios en galego son os seguintes:

Libraría Aira das Letras (Allariz); Ovidio Algemunde Álvarez (Mugardos); Algueirada, S.L. (Arteixo); María Xesús Arias Rei (Fene); Chus Barbeira (Vimianzo); Pere Barrufet (Barcelona); Adrián Blanco Para (Santiago de Compostela); María Pilar Brocos Fernández (Santiago de Compostela); Jesús Calvo Pita (As Pontes); Xosé Carballido Presas (Ourense); Socorro Cea (Melide); Henrique Costas (Vigo); Judit Cuba (Santiago de Compostela); Estación Atlántica-María José Barreiro (Barcelona); José Estévez López (Lugo); Xosé Ramón Farinós López (Muros); Javier Garaloces (Vigo); Loreto García Vázquez (Santiago de Compostela); Xabier González Torre (Vigo); Xosé María González-Manso (A Coruña); Carme Hermida (Teo); Lucía Flora López Pérez (A Guarda); Francisco Xavier Lorenzo Penela (Ames); Miguel Louzao Outeiro (Santiago de Compostela); Xuro Mariño (A Coruña); Tomé Meira Cabanelas (Barcelona); Marcos Meléndez Alonso (Ramirás); Xesús M. Mosquera Carregal (Melide); Silvia Orge (Soutomaior); Editora Patas de Peixe (Vigo); Manuel Pérez Castreje (Quenxe, Corcubión); Joao Manuel Pérez Lijó (Santiago de Compostela); Ildefonso Piñeiro Díaz (Chantada); Margarita Portela Barreiro (Teo); Antela Prado Ocampo (5 anos, Ourense); Paz Raña Lama (Vigo); Redenasa (Santiago de Compostela); María Reimóndez (Vigo); Xosé Rial Pérez (Combarro, Poio); Manuel Rivas Álvarez (Sarria); Begoña Rodríguez Otero (Vigo); Anaír Rodríguez Rodríguez (Gondomar); Sabela Romar (Corcubión); Suso Rubio (Valadouro); Sala A Reserva (Carballo); Rosa Salgueiro Salgueiro (Santiago de Compostela); Óscar Senra Gómez (Santiago de Compostela); Sistemas de Enxeñería Ambiental (Moaña); Sontiña (Cee); Taberna O Patacón (Carballo); Antón Tabernero (Calo, Teo); Xesús Manuel da Torre Martins (Vigo); Ledicia Trillo González (Fene); Manuel María Valcárcel Rodríguez (Barcelona); Mario Vila López (Dozón); Bruno Vilela López (Santiago de Compostela).

Os medios de comunicación que colaboramos en Vitaminas para o Galego agradecemos publicamente o apoio de todas as persoas e colectivos que contribuíron a través da plataforma de financiamento social en liña Verkami, traducida ao galego para esta ocasión. Todos os beneficios das súas contribucións están destinados a financiar a propia campaña e ao mantemento económico das cabeceiras promotoras e colaboradoras.

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, ademais dos medios colaboradores Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia; Osil.info de Valdeorras e Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte); Terra Cha Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide); a revista de surf www.surfgz.com; Cadernos de Comunicación e Analise; Lalín e Comarca; “Hermes e Atenea” (xornal en galego de deporte e cultura); Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a Revista Multimedia para Ipad; A Nova Peneira (www.peneiradixital.com) e o programa radiofónico Plástico Elástico.

Vitaminas naceu co convencemento de que a existencia de medios na lingua do país son imprescindibles para asegurar a súa supervivencia. O papel dos medios na evolución da cultura galega é indispensable, especialmente en eidos, por exemplo, como a difusión da cultura do país cara fóra ou a creación de vocabulario informativo e publicitario.