Os ollares, vivos, fecundan horizontes
translúcidos, escuros e con nimbos.
O Sol escóndese na lucidez que camiña,
ilustrando a divisoria inerte e tenra.
Utopía agachada, no fermoso limbo escapas
e divagas, insinuante nas ideas a cotío.
Utopía camiñante, cárceres que percorres.
E el divisa o ceo en fusión coa terra.
Búscase terra firme, berra o capitán
do barco eirado que sopla pensamento.
Búscase a cadea, berra o discrepante.
Balanceo dun barco á deriva, nos eidos
das ondas entumecidas pola frangancia
que fecunda o horizonte fusionado.