As mulleres están a ocupar os lugares máis destacados do panorama literario galego procurando un avance por vieiros que elas están a marcar con claridade para fuxir dun sistema anquilosado e caduco que semella a punto de estourar. Por iso non debe sorprender que sexan elas as que protagonicen case en exclusiva esta breve recensión sobre algunhas das publicacións máis interesantes dos últimos meses.
