Libros
Libros
Escribir a catro mans

Escribir a catro mans

Escribir a catro mans é unha rareza que pode dar froitos sorprendentes. Dúas experiencias de creación compartida serven de punto de partida para percorrer algunhas das novidades máis suxestivas da literatura galega recente, entre a memoria, os afectos, a identidade, a distopía e a revisión dos mitos.

Alguén ao lado

Alguén ao lado

O que parece a novela dun principiante acaba converténdose, nas mans de Xabier Quiroga, nunha lúcida historia sobre a amizade, a memoria e a escrita. Entre Lugo e Marrakech, pasado e presente encaixan cunha precisión de reloxo suízo.

Unha testemuña vital

Unha testemuña vital

A memoria viva da cultura galega fíoselle a través das voces e legados de quen a construíron. Coa pluma áxil de quen viviu en primeira liña algúns dos seus momentos máis relevantes, Memoria do vivido reúne evocacións, biografías e entrevistas para rescatar do esquecemento persoeiros fundamentais e reivindicar a dignidade dun país a través dos seus protagonistas.

O Banquete de Conxo novelado

O Banquete de Conxo novelado

Manuel Portas regresa á novela histórica con Mazarelos, unha recreación do Santiago de 1856 que vai moito máis alá do Banquete de Conxo. Cunha coidada arquitectura narrativa, a obra reivindica o papel do ensino público, a memoria colectiva e a dignidade de quen contribuíu a construír a Galicia contemporánea.

Unha biografía de Begoña Caamaño

Unha biografía de Begoña Caamaño

A poeta e animadora cultural Ana Romaní e a profesora e crítica literaria María Xesús Nogueira, amigas persoais da protagonista das Letras Galegas 2026, afrontaron un exhaustivo estudo de fontes tanto documentais como orais de amigas de Begoña Caamaño, nunha longa...

Sobre a Salamántiga viscosa

Sobre a Salamántiga viscosa

“Trauma España e outros textos” declina un certo desencanto trala resaca da “nova política” xurdida do 15M e da teleprédica de Pablo Iglesias. Contodo, as tarranchas ideolóxicas coas que está construído o discurso implícito nestas prosas proceden diso que se chamou movemento dos indignados.