Martes 25, Xaneiro 2022
HomeCulturaJÁCOME, BALTAR E SIMONE WEIL EN OURENSE: O IMPORTRANTE É NON...

JÁCOME, BALTAR E SIMONE WEIL EN OURENSE: O IMPORTRANTE É NON EXLICARSE

texto E. C.

Unha maneira de recordar que Ourense, rus da Galiza e tapa do seu sepulcro político desde as eleccións autonómicas de 1989, non é singular politicamente. Tampouco culturalmente: a paz cultural ourensá é unha resposta psicolóxica ao monopsonio, segundo nos di William Deresiewicz n´A morte do artista: cando vendes algo e tes un único cliente, ese tío non é o teu cliente, senón o teu xefe.

Unha maneira de recordar que Ourense, rus da Galiza e tapa do seu sepulcro político desde as eleccións autonómicas de 1989, non é singular politicamente. Tampouco culturalmente: a paz cultural ourensá é unha resposta psicolóxica ao monopsonio, segundo nos di William Deresiewicz n´A morte do artista: cando vendes algo e tes un único cliente, ese tío non é o teu cliente, senón o teu xefe.

Así por exemplo: Baltar preséntase co historiador Miguel Cabo para ofrecer un titular no diario monárquico local onde aparecen as palabras “cacique” e “xabaril”, e dinos que a Deputación vai pagar a “biografía definitiva” de Basilio Álvarez. Non é dabondo, e engade que lle vai adicar unha rúa ao cura de Beiro… O caso é que xa existe unha Rúa Basilio Álvarez no barrio da Ponte. Ninguén di nada. Outra: a Deputación pretende “restaurar o legado de Angelita Varela” e tampouco importa. A señora Varela, marquesa de La Atalaya Bermeja, foi protectora das artes nos anos 20, pero quizais habería que recordar –está historiado- que financiou o levantamento no 36 e aínda despois puxo mil pesetas pola cabeza do veterinario comunista Benigno Álvarez… Non era Baltar a oposición galeguista a Feijóo?.

“Galiza é unha potencia colapsolóxica”, ou –con malicia e candor- “un outro piñeirismo era (é?) posíbel”, como veu concluír Gustavo Sanromán a súa pregunta ás intervencións de Arturo Casas, Isaac Lourido e Cristina Martínez Tejero, quizais exemplifique ben o espírito dos encontros. E dá no albo do que quere ser o Pe(n)sar: Galiza ten un problema co realismo (que tampouco é singular) e outro problema coa (ausencia de) socioloxía. Aínda non é delicto debruzarse sobre eses e outros problemas, independentemente do que pelexe –polo materialismo, pola aventura– a clase cultural empoleirada.

O Pe(n)sar foi un agasallo das amigas e un remango de seis meses: o pallaso do cartel é unha creación de Isaac Pérez Vicente; o verso orixinal de Philippe Beck que valeu de oración, L´amour fait parler de lui, chegou polo amigo común Emilio Araúxo. E non terían feito nada de non ser por Teresa Álvarez Orbezua, lingüísta e hosteleira, falecida durante o confinamento e exemplo de paz e xenerosidade, tamén no trato coa potencia emancipadora da cultura. Nos arquivos do Pe(n)sar  almacenamos xa preto de 40 textos orixinais e varias obras de arte. Seguen chegando materiais: editaranos cando poidan.

Manifesto
PE(N)SAR A(s) CULTURA(s) 

Pe(n)sar a(s) cultura(s) é froito dunha curadoría colectiva guiada por Visitación Noguerol e Francisco Ascaso-Jarauta (Amigos da Fundación Paco Medallas e Comando Langri-Na, disidentes do Partido Imaxinario Ourensao aka PIO-r, comisarios eventuais de Emerxencia Cultural Ourense).

      Pe(n)sar é un chamamento e unha petición de axuda desde Ourense, rus da Galiza, áncora da maioría absoluta do PPdeG para o mundo desde 1989: é ese rexime catch all do 89 o que queremos describir con alegría, pois todo está prescrito para Pablo Vioque, Henry Kissinger ou Rogelio Martínez. E de paso imos entrefrebrar o tal rexime con altas doses da cultura sen amo que máis nos gusta, porque se non lemos Simone Weil mentres contamos os carros de Baal Altar, irmás, non imos dar feito nada ben. Se Galiza é un país antropolóxico sen facultades de Antropoloxía, e con aversión polas socioloxías (máis imaxinarios por compaixón!), ímoslle dar unha volta ao país ahistórico… Unhas xornadas culturais de toda a vida, feitas con amor e vontade de sorte, só que estas non pretenden acabar pronto. Trátase de ir xuntando en Ourense á xente que nos gusta, na idea de termos unha plataforma que permita esparexer (mellor que programar, desprogramar) cultura sen os raspados políticos de ninguén.

       Pe(n)sar é un seminario internacional permanente que soerguemos entre todas, de inicio para vérmoslle o pelico ás amigas sen COVID. Elas xa saben que isto é unha ekklesia, como nos di Xosé Luís Méndez Ferrín n´Os novos graxos da Burga, as súas liñas de benvida á Emerxencia Cultural. É dicir, unha asemblea perpetua sen (demasiadas) babecadas de asemblea, nin santas de ningunha caste. Facémolo porque nos dá a gana, sen apuro ningún, as présas son para as administracións: os 15 días que investiu o fiscal provincial Florentino Delgado en arquivar o caso das “chispas” do fillo de Baltar –aquela denuncia por ofrecer traballo a cambio de sexo-, son un tempo pragmático máis grande cá década que tardou o señor letrado en advertir, quizais, certas irregularidades na política de contratación da Deputación de Ourense.

Queremos retomar as rúas para debater, cismar e pasear sen rumbo, por puro goce, na defensa e inventariado do común. Non queremos saber perfectamente o que vai pasar (…) Unha esmorga conspirativa e unha rede sen rede que debería axudarnos a adquirir e divulgar un saber-poder: compilar, estudar e triturar cultura para despois presentármola como mellor nos pareza, cando o seu peso estea pensado.

      Pe(n)sar é un recordatorio e unha fuxida cara ao porvir: somos bereberes, somos anarcas comunistas, somos liberais e somos ferozmente relixiosas, coma os mártires de Oseira. Somos de todas as sectas que fan avanzar a Santa Igrexa, tan desprovista de mobiliario litúrxico como profetizaba Xaquín Lorenzo, Xocas, naquela entrevista derradeira onde lle pedía aos curas -por favor- deixar de roubar. Se o pallaso que nos regalou para a imaxe do Pe(n)sar Isaac Pérez Vicente escribe no teclado memoria para esquecer a historia, é por algo. Cultura para esquecer a historia escribírao Debord naquel diagnóstico da cultura como antiinflamatorio da Historia inscrito n´A sociedade do espectáculo, pero así recordamos máis cousas: Italia gústanos aínda máis que Francia (máis 77 e menos 68), e se lle chamamos memoria histórica é porque non houbo consenso para lle dicir xustiza e reparación. Se aspiramos a unha cultura funeraria mellor, dada a fractura (case) irreversíbel do nicho ecolóxico, é porque sabemos que outra identidade xeriátrica é posíbel. Outra ourensanía tamén.

        Pe(n)sar é o resultado de saber algo sobre a cultura, que non só é un substituto da relixión ou un depósito da linguaxe xerencial que infecta o mundo e a súa  psicotizada cidadanía-ambiente: somos carne de canón nunhas olimpíadas administrativo-dixitais nas que competimos descalzos. A cultura non devala en Ourense por culpa do boneco do cacique que temos na alcaldía, a quen entendemos perfectamente por térmonos criado entre a rúa do metílico a as belísimas casiñas vellas da Chavasqueira (o exalcalde Jesús Vázquez deu a orde de extirpalas dunha noite para outra; non convocou nin aos reporteiros gráficos: necesitamos esas imaxes). No estilo dialéctico paleto de Jácome recoñecemos a uno di noi: ese paisà que entra nos bares e encirra os clientes até a violencia, momento no cal escapa (convén recordar aos urbanitas que un paleto é alguén conforme co que cre saber). As belas almas da bela Auria, por caso, deberían estar fartas de saber que algunhas facturas da televisión do alcalde están nese esquecido sumario da Caixa B de Baltar pai, cuxa phōné sincera estrañamos tanto. Tamén deberían saber que o artefacto chamado Democracia Ourensana foi posto a rodar por músicas exiliadas do PSOE local até que fartaron do líder, e non por ter o vicio de cambiar de calcetíns varias veces en cada pleno. D.O. é unha marca máis de galeguismo á ourensá das que inzaron tras o reemprazo de Centristas de Galicia e aquel narcopartido da piña chamado Coalición Galega… Só que tan transmoderna que nin galeguista é. Non podía ser doutro xeito, se a última expresión política útil do galeguismo histórico resulta ser Baltar Junior. Ningún destes galeguistas quixo saber xamáis da pena de Cándido Fernández-Mazas –a quen na fata exposición sobre Nós biografan coma un bolseiro da Deputación-, nin de Ramón Martínez López, nin de Ben-Cho-Sey, nin de Alberto Vilanova…

        Pe(n)sar opera por elevación. Non nos gusta que se entenda todo porque esa tese, hexemónica no ensino, xa estaba na lingua do Terceiro Reich… Pero si ten que entenderse o importante. Ou, como sintetiza Anxo Rabuñal, editor do Teatro proletario de cámara do Osvaldo Lamborghini: menos modernas, menos artistas, menos individuas e máis ideas para organizármonos arredor delas. Queremos retomar as rúas para debater, cismar e pasear sen rumbo, por puro goce, na defensa e inventariado do común. Non queremos saber perfectamente o que vai pasar. De paso, sen caer nos vicios dese emprecariado cultural que sobrevive a cambio de ler boletíns oficiais case exclusivamente, estamos creando unha maquiniña de guerra que debería axudar a unir organicamente o gusto por vivir co gusto por destruír; ou sequera por dicir merdre, que non era merdé pero parecíaselle bastante. Unha esmorga conspirativa e unha rede sen rede que debería axudarnos a adquirir e divulgar un saber-poder: compilar, estudar e triturar cultura para despois presentármola como mellor nos pareza, cando o seu peso estea pensado.

Non era Feijóo o facha e Baltar o galeguista? Da estación intermodal non falamos aínda, pero falaremos; do macrocentro xeriátrico (paga Amancio!) que só Amigos da Terra está cuestionando por situarse nun dos puntos máis contaminados da Galiza, na vella estación de autobuses que debera ser o enlace natural cos vellos camiños termais –basta con preguntarlle ás vellas, señores!-, tamén é tempo de falar.

        Pe(n)sar xa sabía que o caciquismo sobrevive aloumiñando os aparentes contrarios, e por iso aspiramos a ser tamén o maior arquivo vivo sobre chistes de galegos. Coma ese que recunca nas mentes de algúns autoproclamados axentes culturais da cidade, vítimas do monopsonio (cando vendes algo e tes un único cliente, ese cliente é o teu xefe): “Somos a resistencia a Feijóo”, acaban pensando algúns, como se a pertinencia histórica na provincia que cambiou vacas por polos fose unha dialéctica sen materialismo. Temos moitos exemplos e non nos azouga dicilos, pois non queremos ningunha caste de responsabilidade institucional nos auditorios xa existentes. Que a Deputación de Ourense decida restaurar o legado de Angelita Varela, a Marquesa de la Atalaya Bermeja, non nos parece mal. O que se podería facer con ese patrimonio inmobiliario! Outra cousa é apandar unha vez máis co silencio da oposición política, pois a mesma señora Angelita que facía grandes festas de sociedade nos anos 20, ao chegar xullo de 1936, puxo 5.000 pesetas para os golpistas e ofreceu outras mil pola cabeza do veterinario comunista Benigno Álvarez. Julio Prada, Santiago Álvarez ou Santiago Prol historiárono, está escrito; pero no diario monárquico local seguen escribindo “la triunfadora Angelita Varela”, o cal nos recorda que para decembro está medio apalabrada unha palestra intitulada Gramsci, Schmitt e Fraga Iribarne. Non era Feijóo o facha e Baltar o galeguista? Da estación intermodal non falamos aínda, pero falaremos; do macrocentro xeriátrico (paga Amancio!) que só Amigos da Terra está cuestionando por situarse nun dos puntos máis contaminados da Galiza, na vella estación de autobuses que debera ser o enlace natural cos vellos camiños termais –basta con preguntarlle ás vellas, señores!-, tamén é tempo de falar.

            Pe(n)sar seguirá existindo se seguimos sendo capaces de ilusionarnos con estas posibilidades da ourensanía e, a un tempo, coa posibilidade de que Susan Buck-Morss, Bruno Latour, Eduardo Viveiros de Castro ou Arlette Farge nos digan algo bonito. Como dita o verso orixinal co que nos agasallou o poeta Philippe Beck, mercé ao amigo común Emilio Araúxo: L´amour fait parler de lui (O amor fala de si/O amor fai falar del). Que poidamos recuperar as cinsas de Basilio Álvarez (é relativamente sinxelo e oxalá Deputación e RAG se nos adianten, cantos recordos de 1984!). Que veña Marcos Celeiro en decembro para falar da historia do mancomún na Galiza, e que facer para recuperármolo. Que lle deamos feito a pregunta pola cultura a Robert Wyatt. Que José Luís Gallero e Xulio Calviño se coñezan e veñan a Ourense para falar de Heráclito coma nunha lea de rapeiros, quen sabe se o primeiro podería reeditar O subterfugio de Scherezade! Que veña Edgar Straehle presentar Memoria da revolución, e que traia a Sebastian Faaber e a José Luis Villacañas. Que veñan Paul B. Preciado, Brigitte Vasallo e Carme Junyent a falar de linguaxe inclusiva, peste e Agustín García-Calvo, e coincidan nunha palestra sobre formas de secesión coa Helena Miguélez-Carballeira e o Carlos Calvo.

        Que María Xosé Queizán e Antón Capelán veñan falar de Blanco-Amor, sen termos que ir á Ínsua dos Poetas (moita obra pública hai alí, a cultura funciona!), nin termos que estetizar a súa estatua de vello vencido cando toca efeméride, sen nada que dicir. Que lle poidamos facer a festa a Anxo Rei Ballesteros, antes de que se poña en marcha ese mecanismo de estupidizar literatas que é o Día das Letras. Que os amigos avogados con acceso a sumarios difíciles sigan poñendo da súa parte, senón Netflix nunca nos vai facer unha serie magnífica coa Carioca e a Zamburiña, coa cantidade de empregos culturais que xera iso! Que se poida organizar unha homenaxe internacional ao caro Jean-Luc Nancy, que morreu coma un paxariño, chamarlle A movida de Agamben e que o Hevi e Menina Arroutada pastoreen a Cecilio G. cun vimbio verde pola cidade adiante, mentres pensan na playlist. Que veñan Paz Moreno Felíu e Julia Varela, coas que aínda non falamos… Non queremos esquecer a ningún dos nosos: Manuel Vilanova, Julio  López Cid, José Manuel Vidal Souto, Xosé Ramón Barreiro Fernández, J. A. Durán, Tere Grândola… E aquel lutier que decidiu marchar cando non nos deixaban saír á rúa: habemos acordarnos do teu nome.

       Confidencialmente: non faríamos nada cultural se non nos estivesen axudando os bos sabedores da dimensión da emerxencia social, sanitaria e ecolóxica na provincia de Ourense.

Podedes propoñernos calquera cousa escribindo a pensaracultura@gmail.com, email de Humberto Fernández Coutinho. Un noso amigo esmolante falecido, alegría do pobo, a quen esa empresiña de branquexo do PPdeOu que é o diario La Región chamou, no seu obituario, Pañuelitos.

QUE É A EMERXENCIA CULTURAL

Emerxencia Cultural Ourense nace na primavera de 2021 como un proceso de organización colectiva centrado na activación do tecido social e cultural da cidade de Ourense, nun contexto de desmantelamento das infraestruturas e institucións culturais auspiciado pola alcaldía (Jácome), co apoio explícito ou solapado do PP de Ourense, representado na figura de Baltar fillo, presidente da Deputación de Ourense, e a incapacidade de resposta política da oposición.

A Emerxencia Cultural defínese e xustifícase polo dobre significado da palabra; por unha parte, un acontecemento sobrevido que obriga a unha rápida acción, que podemos concretar na figura dun alcalde panoco que opina coma un neno coa síndrome do emperador, incapaz de darse conta da dimensión do que descoñece, orgulloso de dicir constantemente que os números non son opinábeis, ao non saber que os números sempre menten. No desmantelamento e abandono de infraestruturas e institucións culturais da cidade, situación que se suma ao drama dunha política cultural entendida desde o clientelismo da Deputación de Ourense, única institución fagocitadora, decisora do feito cultural na provincia.

Pola outra, a acción ou acto de emerxer, apostando pola necesidade do entendemento e da pedagoxía no exercicio da xenerosidade entre as distintas capas do tecido social e cultural.

Facemos unha diagnose crítica da situación da cultura, condicionada por un neoliberalismo de oligarcas (agora verdes) que compran partidos políticos como se fosen equipos de fútbol; que precariza todas as súas profesións, ao tempo que monetiza instantaneamente toda acción cultural, confundindo o valor co prezo. U-lo papel central das culturas na construción de comunidade? Impómonos a vontade alegre de traballar na rehabilitación do tecido cultural da cidade de Ourense, na desintoxicación por catarse e outing dos seus axentes culturais e das súas dinámicas internas, condicionadas polo mesmo gran pagador desde 1991.


 

[td_block_7 f_header_font_transform="uppercase" ajax_pagination="next_prev" sort="" category_id="" custom_title="Novidades"]