Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo, en Coa cabeza nas nubes, ofrecen unha peza simpática para crianzas e persoas que conserven esa ollada. Trátase dun espectáculo moi curioso porque, en principio, parece teatro físico, no que, sen falar, se van dando situacións teatrais, como, por exemplo, a inicial: hai un globo moi bonito nas alturas, entra un rapaciño, veo e, como é lóxico, quere collelo.













