Luns 2, Outubro 2023
HomeCulturaConvocado o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Convocado o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Co obxectivo de honrar a figura do seu ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística en galego, o Concello de Fornelos de Montes vén de convocar a II edición do PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY.

Poderán concorrer ao certame autores que presenten artigos inéditos escritos en galego. Deberán estar redactados nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social e deberán ter unha extensión de entre 2.500 e 3.000 caracteres.

O veredicto será dado a coñecer na segunda quincena de setembro de 2018 directamente ao gañador ou gañadora e a través dos medios de comunicación. O acto de entrega está previsto que se celebre no Centro Multiusos do Concello de Fornelos de Montes en outubro de 2018.

Na edición de 2017 resultou gañador Xoán carlos Domínguez Alberte

O prazo de presentación remata o día 30 de xuño de 2018.