Unha nova primavera

O sector da banda deseñada está a vivir unha nova primavera froito do incremento das vendas. A razón diso podería estar, polo menos en parte, nas películas e series baseadas en personaxes deste sector que teñen asolagado os cines e a televisión nos últimos anos. O éxito destas producións podería ter empurrado da banda deseñada, pero tamén existen outros aspectos sociodemográficos a ter en conta. Aqueles que na súa infancia lían banda deseñada, agora teñen suficiente poder adquisitivo como para comprar un produto comercial un chisquiño caro. Noutra ocasión falaremos disto polo que, polo de agora, deixamos estas ideas en suspenso.

Os selos editoriais máis potentes están soportados por casas editoriais relevantes e, polo tanto, están a ocupar os meirandes espazos comerciais. Isto concentra a oferta e dificulta a competencia enormemente.

Este incremento das vendas das bandas deseñadas fixo que as editoras mais potentes xeraran filiais cun grande capital. Os selos editoriais máis potentes están soportados por casas editoriais relevantes e, polo tanto, están a ocupar os meirandes espazos comerciais. Isto concentra a oferta e dificulta a competencia enormemente. Amais diso, estas empresas optan por promover obras que teñen en certo xeito as vendas aseguradas ao ter o maior interese da cidadanía. Falamos da banda deseñada estadounidense e o denominado manga (o máis coñecido é o nipón). Para ilustrar todo isto imos poñer algúns exemplos que teñen, sen dúbida, interese.

Estratexias comerciais

Principiamos coa editora Panini, quen ten a exclusiva das obras de Marvel. Nela atoparemos aos X Men, aos vingadores, entre outros. Panini mantén, dende fai tempo, unha liña comercial relativamente. Nela, a prioridade comercial é Marvel que, por outra banda, fai un marketing apoiándose nas películas da “casa das ideas”. Nesta editora atoparemos traducións destes traballos e recompilacións de obras clásicas. Desta última ollamos a colección titulada Biblioteca Marvel como exemplo icónico desta recuperación de obras publicadas fai anos.

A editora Panini ten a exclusiva das obras de Marvel. Nela atoparemos aos X Men, aos vingadores, entre outros. Tamén comercializa obras das editoras independentes estadounidenses como Dark Horse, Image cómics ou IDW, entre outras.

Panini tamén comercializa obras das editoras independentes estadounidenses como Dark Horse, Image cómics ou IDW, entre outras. Asímesmo, tamén ten unha liña de promoción da banda deseñada europea. Porén esta sección ocupa un segundo lugar na estratexia comercial da editora italiana.

Conan, da colección de Dark Horse de Panini

Na outra banda topamos a ECC, quen ten a exclusiva da comercialización das obras de DC. Batman, Superman, Flash ou Wonder Woman son algúns dos seus personaxes principais. Fai algún tempo DC estaba nas mans de Planeta que, como amosaremos mais adiante, tivo que facer una forte remodelación do seu catálogo. Pois ben, ECC (que comezou a súa andaina no 2011) está a ter unha forte pegada no sector e estase a converter nunha das editoras con máis sona. De facto, recentemente chegou a un acordo coa Universidade de Alcalá de Henares para poñer en funcionamento unha cátedra de pesquisa e cultura da banda deseñada.

Porén, ECC non se ten preocupado só das obras estadounidenses. Fai moi pouco chegou a un acordo con outras editoras, tales como Cascaborra ou Spaceman Project, para promover a banda deseñada española. ECC ten a particularidade de ser, que saibamos, a única que ten publicado unha obra en galego, algo que podería ter sucedido con máis frecuencia. Así mesmo, no seu catálogo atoparémonos con obras latinoamericanas de grande interese entre as que están os traballos de Breccia. Este esforzo é positivo, pero é un chisco minoritario no esforzo da editora. Obviamente isto ten unha relación clara có éxito de vendas dos produtos.

O invencible Iron Man, da Biblioteca Marvel de Panini

En terceiro lugar, imos falar de Planeta que tivo que facer unha fonda remodelación interna para poder seguir sendo competitiva. Como xa dixemos, ECC conseguiu a exclusiva da comercialización das obras de DC que estaba nas mans de Planeta. Polo tanto foi necesario remudar os obxectivos e optar por manter unha liña con un público fiel: Star Wars e buscar outros caladoiros. Planeta optou pola banda deseñada de corte literario (estratexia que lle dou grandes alegrías a editora Astiberri) e polo manga. Neste sentido optou, novamente, polo apoio da televisión. De facto, as bandas deseñadas de personaxes televisivos coma Naruto ou Dragon Ball están entre os máis vendidos da editora. Semella que o manga está a ser unha das táboas de salvación de algunhas editoras estatais.

O manga

O éxito deste produto comercial é tan sorprendente que ECC, Panini ou Planeta optaron por ter unha liña de manga. Por sorte no mundiño temos aínda editoras que están a apostar por outro tipo de produtos, pero diso falaremos cando nos voltemos a atopar. Pois ben, o interesante da irrupción do manga na nosa contorna é o público principal que consume este tipo de obras. O manga ten un grande nicho comercial no público máis novo. O seu formato (flexibook) é moito máis barato, permitindo a aqueles con menor poder adquisitivo optar por eles. Pola contra, as editoras das obras estadounidenses están optando, entre outros formatos, por publicar banda deseñada en formatos que ata o de agora eran impensábeis. Falamos de obras de oitocentas ou mil páxinas.

A diferenza do manga, a banda deseñada europea semella ser máis fonda, seria (inda que sexa de humor), política e social. Isto podería facernos pensar nunha liña de traballo para a promoción do noso cómic. Agora ben, isto precisa do compromiso dos axentes políticos.

Shangri-La, de Mathieu Bablet, editado por Dibbuks

Aparte do formato, as narracións de parte do manga son familiares para este público con menor idade. Moitos deles teñen convivido con Arale, Shin Chan, Son Goku ou Sailor Moon dende que son cativos. Do mesmo xeito que os de mediana idade, agora consumidores de Marvel ou DC, disfrutaron de estes personaxes na infancia, os actuais mozos ou os adultos máis novos tiveron esas referencias previas. A banda deseñada europea, en troques, semella ser máis fonda, seria (inda que sexa de humor), política e social. Isto podería facernos pensar nunha liña de traballo para a promoción do noso cómic. Agora ben, isto precisa do compromiso dos axentes políticos.

De calquera xeito, o impacto do manga é tan incríbel que tamén está a ter consecuencias na produción europea. De tal xeito que autores como por exemplo Mathieu Bablet (creador de obras tan coñecidas como Carbono & Silicio ou Shangri-la) ten unha fonda pegada do manga. E incluso se está a xerar un manga europeo (a editora Planeta ten una sección especial dedicada a este tipo de produto).