O ilustrado frances Jeán de la Bruyere publicaba en 1687 o seu maxistral libro “ Les caractéres ou les Möeurs de ce siécle”. Nel sostén entre outros argumentos o de que “ Todo xa foi dito e chegamos demasiado tarde…”. E é que efectivamente, dende entón e ata hoxe, na produción de pensamento en xeral, pero tamén no urbanístico, hai unha alta compoñente tautolóxica. E esta é exactamente a miña sensación cada vez que escribo ou falo de territorio e vivenda en Galicia.
