Crónica

A lexislatura estancada

logo-tempos-exclusivo A lexislatura estancada

Unha das peores perversións da política contemporánea é aquela que permite retratar a alguén como un monstro ata que a necesidade fai inevitable a súa redención. É o que lle pasou a Abu Mohammed al-Jolani, o novo home forte de Siria tras a fuxida do sanguento ditador Bashar Hafez al-Assad, a quen os países de Occidente cualificaron durante décadas de terrorista pero a quen agora se ven obrigados a recoñecer como un líder respectable.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Entre granulados e Altri acabou 2024

logo-tempos-exclusivo Entre granulados e Altri acabou 2024

A crónica de 2024 ten un foco destacado na preocupación medioambiental; se no inicio do ano o protagonismo foi para os vertidos de granulados, nos últimos compases foi a manifestación do 15 de decembro contra Altri a que fixo visible unha contestación social que non fixo senón medrar nos últimos meses.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Cineuropa 2024. Anacos da realidade de onte e hoxe  

Cineuropa 2024. Anacos da realidade de onte e hoxe  

A programación desta trixésimo oitava edición tivo o mérito de poñer a dialogar o mellor dos filmes actuais cunha mostra daqueles outros que foron capaces de retratar o seu propio tempo, de achegar reflexións que seguen vixentes. O mesmo cando reflectía a realidade dun determinado momento histórico que cando amosaba o noso mundo, Cineuropa acolleu un bo feixe de miradas coas que interpelar ao espectador. 

Mares da fin do mundo: en defensa do mar a través do cinema

Mares da fin do mundo: en defensa do mar a través do cinema

A mostra Mares da Fin do Mundo confírmase, a pesar da súa xuventude, como un dos festivais de cinema imprescindibles do calendario galego. Estamos ante unha cita que se define por un firme compromiso co mar e coa súa defensa, o que lle confire un valor engadido á súa programación. Clausurada recentemente a súa sétima edición (30 de setembro-3 de novembro), os seus principios mantéñense máis sólidos que nunca, demostrando que é posible medrar como evento sen renunciar aos seus valores fundamentais.

As mulleres de Bolaño parolan no ambigú

logo-tempos-exclusivo As mulleres de Bolaño parolan no ambigú

Tres coñecedoras de Roberto Vidal Bolaño tentan resolver certos enigmas da nosa idiosincrasia cultural. Unha pregunta con vontade de entender se xa se pode dicir que falamos dun dos mellores escritores en lingua galega, ou se será posible facelo antes de que pasen un cento de anos. A cuestión non é evidente. 

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
MIT Ribadavia 2024. O esplendor dramatúrxico aos corenta  

MIT Ribadavia 2024. O esplendor dramatúrxico aos corenta  

Rematou a 40 MIT Ribadavia 2024 coa súa coprodución, con ButacaZero e o CDN de Madrid, de Iribarne, que pecha un ciclo. Así aconteceu o sábado 27 de xullo, con esa revisión teatral, en clave de sátira, de farsa, entre o Ubú President (Els Joglars, 1995) sobre a figura de Jordi Pujol, e Citizen (Chévere, 2011) arredor de Amancio Ortega. 

O Escoitadoiro do Compostela Máis Solidaria puxo luz nas marxes

O Escoitadoiro do Compostela Máis Solidaria puxo luz nas marxes

A oitava edición do Compostela Máis Solidaria pechouse cun espazo de encontro e conversa vagarosa de distintas realidades, próximas ou afastadas, de cooperación e compromiso. Unha actividade que xuntou persoas expertas pero tamén deu voz ás persoas implicadas para falar de traballo migrante, do feminismo do Sur global ou da cuestión palestina a través da voz da activista gazatí Sara Ashour e do cooperante de Médicos do Mundo Felipe Noya.

[41º Festival de Almada] Compromiso e afectos 

[41º Festival de Almada] Compromiso e afectos 

Polo Festival de Teatro de Almada pasan as máis novidosas aportacións creativas, impulsando novas propostas escénicas e provocando con elas debates e coloquios entre os profesionais e os públicos asistentes. Nesta ocasión, o noso cronista e director da revista galega de teatro Erregueté, Alfonso Becerra, recibiu no transcurso do festival e de mans dun xurado de expertos o premio Carlos Porto á prensa especializada.