Unha ianqui no Culturgal

Entrar no Culturgal ten un aquel de viaxar no tempo e no espazo, unha nunca sabe moi ben en que momento aterrou se ben está certa do lugar no que pararon os pés. Pontevedra, Pazo da Cultura, días previos á ponte de decembro que xa se chama así, que non é a da Constitución e a Inmaculada, é a ponte de Decembro que cae despois do Black Friday e en pleno auxe do prendido nacional e internacional de luces de Nadal. O Culturgal arranca e pon en marcha os engranaxes o equipo formado por Camilo Franco. Non acadará, segundo os medios, a afluencia das feiras anteriores ao confinamento, pero a cultura galega non é o Son do Camiño. Verán que se parece máis ao Primavera Sound, eses festivais que hai tanto que facer que unha ten que elixir con coidado a que escenario acode.

Para entender esta afirmación teremos que desfacer o novelo de adiante cara atrás, desenleando os fíos e deténdonos nos que complican observar máis alá do momento, seguir a narración ate a orixe da feira ou do que se percibe a través dela da cultura de noso, por unha banda, e da divulgación e aceptación da cultura de noso, pola outra. Presenzas, carencias e promesas, tres paus sobre os que asentar o momento lineal do movemento cultural galego no albor do 2024.

Velaí a tendencia da cultura galega, a nosa realidade, ese ir a correr fiando e formándonos e demostrando que a cultura leva tantos anos neste país “gozando de boa saúde”, que agora con que lle fagan un mínimo aceno xorde coma se non custase. Pero custa, e moito.

Pecha a Feira das Culturas Galegas un concerto da Orquestra Galega de Liberación, o proxecto que define o seu traballo como “a improvisación é fonte de investigación”. Nesta proposta un grupo de profesionais da música seguen as instruccións de Xacobe Martínez Antelo na dirección que se comunica con eles a través dunha linguaxe de signos. A creación desenvólvese in situ, todo o que se leva a cabo existe nese momento e os intépretes teñen que facer uso dos seus coñecementos, da súa técnica e das ferramentas que levan consigo para desenvolver o proxecto en tempo record, acompasados, demostrando mestría e compromiso, paixón, tesón, ese lume por saír adiante, por sacar a arte e a cultura adiante pese a estar no medio dun corredor, entre stands, subindo e baixando escenarios ou finalmente asentados sobre tarima. O importante é a creación, a obra, aproveitar cada segundo, cada minúscula oportunidade para tecer o artefacto cultural. Velaí a tendencia da cultura galega, a nosa realidade, ese ir a correr fiando e formándonos e demostrando que a cultura leva tantos anos neste país “gozando de boa saúde”, que agora con que lle fagan un mínimo aceno xorde coma se non custase. Pero custa, e moito.

Iso é o que en estados unidos darían en chamar “espíritu emprendedor”, ou o que vén sendo o mesmo, que unha érguese unha mañá decidindo deixalo todo por un soño e tras sacrificar amigos, familia e saúde acaba triunfando no seu, e incluso cobrando polo seu. Pero estamos un poquiño ao este da terra dos libres e a nosa intención pode ser igual de grande pero non ten tanto ámbito de mercado, incluso deixando a un lado o aspecto linguístico, que non debería molestar en absoluto, mais ben ao contrario.

Desandando o Culturgal desde ese momento de punto e final, unha pode identificar todos os espazos que ocupa a cultura galega dentro do Pazo, que non son todos, porque a cultura galega goza de potencialidade e boa saúde pero precisaría máis apoio e proxección.

Actividades nos diferentes e integrados Espazos

Desandando o Culturgal desde ese momento de punto e final poboado maioritariamente por adeptos e adeptas á cultura, familiares e amigos dos músicos, traballadores e algunha parella perdida que envía whatsapps aos amigos cataláns dicíndolles “este grupo habíache gustar”, unha pode identificar todos os espazos que ocupa a cultura galega dentro do Pazo, que non son todos, porque a cultura galega goza de potencialidade e boa saúde pero precisaría máis apoio e proxección.

Por unha banda, o espazo letras que acubillou charlas e recitais tanto en relación cos premios literarios promovidos por editoras, como aqueles sustentados polas institucións públicas como os organizados desde a área de cultura da Deputación de Coruña, coma as presentacións arredor das novidades editoriais do momento. Sempre coa presenza do autor ou autora se era posible. No domingo, tamén, este espazo de dignificación da produción libro galega engalánase para o recital de Helena de Carlos, Oriana Méndez, Yolanda Castaño e María Lado. Podería parecer que se deixásemos a narración neste punto, a literatura perdese protagonismo nunha feira que para moitas de nós era principalmente observar que estaba a pasar desde a creación a través da palabra, pero non é tal. Ao tempo que se desenvolvían actividades no espazo libro desde as editoras e librerías tamén se propuñan distintas accións de sinaturas e encontros con escritoras e escritores. Por facer un breve resumo e citar a unhas cantas, que non todas, quen pasease as avenidas da feira atoparía a: Manuel López, Clara Martín, Fran Fernández Davila, Antía Yáñez, Xesús Fraga, Suso de Toro, María Reimóndez, Antón Lopo, Fernando Castro Paredes, Antón Riveiro Coello, Pedro Feijoo, Bernardo Atxaga, Siqi Luis Yang e Uxía Larrosa Villanueva, Dores Tembrás, Lorena Conde…

A escena contou coas intervencións do CDG que avanza para o 2024 Teatro ó cubo, o proxecto de monicreques que xirará por toda Galicia De Vilatriste a Vilalegre, ou o proxecto Teatro foro sobre a pornografía na adolescencia que se desenvolverá en centros de ensino da provincia de A Coruña durante o primeiro trimeste da man de Talía Teatro.

Mais non só de libros vive a cultura, e non só de xéneros literarios maioritarios. A escena tamén se fai presente dentro da programación de escaparate do traballo das profesionais da cultura dentro do Culturgal. Faise contando coas intervencións do CDG que dentro das actividades do seu cuadraséximo aniversario avanza con Teatro ó cubo o proxecto de monicreques que xirará por toda Galicia en 2024, De Vilatriste a Vilalegre ou a presentación ao público do proxecto Teatro foro sobre a pornografía na adolescencia que se desenvolverá en centros de ensino da provincia de A Coruña durante o primeiro trimeste do 2024 da man de Talía Teatro. Tamén desde a presentación do Observatorio do Teatro Galego (OTG) que nace en 2022 froito dun convenio entre a Universidade da Coruña e a Academia do Teatro Galego e cuxo obxectivo principal é constituírse nun centro de pesquisa e de documentación da actividade escénica galega.

Asemade, realízase ao vivo a gravación do primeiro podcast de 13 avisos. Historias para escoitar na noite de Berrobambán capitaneados pola premio nacional de dramaturxia Paula Carballeira. Botouse en falta a presenza de Escena Galega e Escena norte que outros anos compartían proxectos e inquedanzas no Culturgal, e quizáis estivese ben ter unha representación dos traballos e da proposta educativa da ESAD ou algunha conferencia arredor das numerosas propostas escénicas que acadan proxección estatal. Con todo, iso para quen paseamos os corredores, non diminúe o coñecemento da gran cantidade de teatro que se está a facer no país, malia que ás veces conseguir ir a unha representación específica custe ferro e fariña, gran planificación familiar e un investimento considerable en peaxe e tempo.

Os videoxogos tamén ocupan un espazo dentro da cultura actual e polo tanto da Feira cunha competición diaria e distintas conferencias que se alternaron durante todo o día, todos os días. En xeral, dinamizadas por persoas apaixoadas e involucradas no seu proxecto máis alá do personal, coma se tivesen présa, coma se estivesen atentas aos sinais dun director de orquestra silente que ten toda a harmonía debuxada no maxín. O mesmo se pode dicir do coidado que se lle deitou nesta edición á BD creada en Galicia e no noso idioma, e ás ilustradoras e ilustradores que alternan momentos de obradoiros para rapazada e maiores con conferencias a desenvolver no espazo arte nas que falar polo miúdo do seu labor creativo.

Este, o espazo arte, quizáis sexa o lugar que demostrou unha curva de mellora máis evidente con respecto ás anteriores edicións. A presenza da Facultade de Belas Artes, a presentación da Fundación Moldes, as achegas do CGAC no seu triséximo aniversario tanto desde as exposicións vixentes como dos obradoiros para a rapazada, a inmersión fotográfica para quen quixese na reprodución de obras fotográficas como as de Virxilio Vieitez ou Pacheco ou a presenza de galerías como Trinta ou Dodó Dadá e, nomeadamente, a xenerosidade coa que diversas autoras da obra exposta pasaron horas e horas a facer garda e acompañar ás visitantes interesadas nas obra estableceron un claro vínculo de achegamento ás distintas formas de arte galega.

O audiovisual tamén gozou do protagonismo necesario a través das entregas de premios de certames pensados para os máis novos coma Nós tamén creamos!, e das proxeccións e posteriores coloquios arredor de filmes como El sueño de la Sultana; Beiras, vivir 2 veces; Honeymoon; Matria; La guerra de Miguel ou O corno.

Non se pode entender o movemento cultural sen a formación dos axentes que o conforman. Nesa banda habilitáronse as aulas 1 a 3 do Pazo da cultura para manter encontros conectando aos coordinadores dos clubs de lectura de adultos, aos xestores e xestoras culturais, cianotipia, fútbol gaélico, elaboración de monicreques…

Por último, coido que non se pode entender o movemento cultural sen a formación dos axentes que o conforman. Nesa banda habilitáronse as aulas 1 a 3 do Pazo da cultura para manter encontros conectando aos coordinadores dos clubs de lectura de adultos, aos xestores e xestoras culturais, cianotipia, fútbol gaélico, elaboración de monicreques…

A Feira das Culturas Galegas fala de nós como potencia creadora e como longo camiño. En certo modo iso é o que se respira desde a Orquestra Galega da Liberación ate o concerto da xira de Leilía que marca un punto final ao seu longuísimo percorrido. A cultura galega loita, non afoga, sobrevive e busca o xeito de agromar con forza. Pero precisa de quen a viva, quen a escoite, quen empatice coa súa realidade que é a de todas e todos. Se está no seu mellor momento, non o sei, pero queda claro que quen chegou ate aquí ten aínda moito percorrido.