Hai poucas cidades cuxa visita acada a categoría de soño. Esta é a principal emoción que se lle podería atribuír a Nova York. Seduce dende o primeiro intre que a ves na distancia. No momento en que a recorres, veste atrapado e mesmo asoballado ante a súa inmensidade. Mais, por riba de todo, un séntese vivo en todo momento neste inabarcable macrocosmos. A súa maxia non ten límites, o que a converte nunha cidade que todo o mundo debería visitar alomenos unha vez na vida.