Domingo 28, Maio 2023
HomeComunicaciónXa na rúa o número de novembro de Tempos Novos

Xa na rúa o número de novembro de Tempos Novos

Xa podedes atopar nos vosos quioscos (e os suscriptores e suscriptoras recibiredes en breve nas vosas casas) o número de novembro de Tempos Novos, que analisa a fondo o saqueo do sistema financeiro galego, no dossier “Expolio e traizón”. Contará con textos de Xavier Vence, Lara Graña, Ramón Yáñez, Xóaquín Fernández Leiceaga e Ramón Fernández Braxe.

Justo Beramendi e Fermín Bouza analizan os novos escenarios políticos, Marcos Pérez Pena escribe sobre o 15M e Xurxo Borrazás volverá a deleitarnos cun artigo sobre a “Teoría crítica do consenso”.

Como sempre, continuarán as sección fixas asinadas por Manuel M. Barreiro e Bieito Iglesias Araúxo, así como unha entrevista a Agustín Fernández Paz. E para rematar, destacar que TN porá o foco para analisar os casos de corrupción que sacudiron a cidade de Lugo (Nupel e Carioca, entre outras).