Luns 16, Setembro 2019
Home Comunicación Preséntase unha nova acción da campaña "Móllate polo galego"

Preséntase unha nova acción da campaña “Móllate polo galego”

Mañá, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña “Móllate polo galego”, destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma organizadora, Vitaminas para o galego.

A campaña contará cunha xornada acuática, no mellor espazo estival que ten Rianxo -Tanxil-, xa no límite do verán co outono, o sábado 22 de setembro. Na presentación daranse os detalles da actividade, que ten como obxectivo concienciar á mocidade sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico.

A plataforma Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta e polos medios colaboradores: Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; O xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira ,o programa radiofónico Plástico Elástico, Revista Kubus, Compas da Costa, Ábrete de Orellas, Televinte Chantada e Fervenzas Literarias.

Novidades