Venres 22, Setembro 2023
HomeComunicaciónCafèambllet denuncia como La Caixa silencia as informacións sobre as participacións preferentes

Cafèambllet denuncia como La Caixa silencia as informacións sobre as participacións preferentes

Tempos Dixital traduce ao galego o contido do vídeo publicado polos compañeiros do medio catalán Cafèambllet no que denuncian as presións de La Caixa á súa revista e a outros medios cataláns para que non publiquen informacións sobre as participación preferentes. Podedes ver o vídeo neste link.

“Eu son a Marta e eu son o Albano

Somos os editores da revista cafèambllet e queremos agradecer o apoio recibido  nas últimas horas en relación coa anulación da publicidade de La Caixa na nosa publicación. Onte, o semanario La Directa informaba que altos directivos de La Caixa chamaron a redaccións de xornais, radios e televisións para saber se estes medios “continuarían publicando información” sobre a cazolada contra a entidade financieira. Segundo o semanario” no caso de TV3 a ‘chamada” foi máis alá e recordóuselles que esta entidade financieira insire grande cantidade de publicidade na canle pública”. A media tarde recibíamos a noticia de que La Caixa anulaba unha inserción no noso medio.

Foi a primeira vez en 8 anos da existencia que se non se cumpre un pedido de publicidade que xa estaba aprobado e ordenado á Asociación Catalana de Prensa Gratuita á que pertencemos. Segundo a Asociación Catalana de Prensa Gratuita “a única explicación que deu o cliente é que non quere anunciarse en caféambllet”.

Ten algo que ver esta insólita anulación co feito de que desde o noso medios informamos sobre estas protestas onde participan miles de cidadáns, moitos de eles afectados polo escándalo das participacións preferentes? Hoxe chamaron desde La Caixa dicindo que o anuncio anulouse por problemas orzamentarios. Tendo en conta que o anuncia en cuestión non chegaba aos 300 euros, parece que efectivamente a situación das caixas é preocupante. Que cambiou desde o día 14, cando recibimos o encargo do anuncio e o día 17, cando se anulou? Por suposto, La Caixa ten total liberdade de anunciarse alí onde queira. Faltaría máis. Pero, os feitos que relamos confirman algo moi preocupante: La Caixa non utiliza a publicidade como forma de vender un produto senon como medida de control da información.

A nosa publicación ofrece ás empresas unha plataforma potente onde poder ofrecer produtos e servizos. E ata aquí chega o noso traballo. Non obstante, parece que o que pretende La Caixa cos seus anuncios vai máis alá. Parece que recibir a súa publicidade non só require un bo servizo publicitario senon tamén un silencio sobre a realidade do noso país. Debemos dicir ben claro que este servizo-silencio a cambio de publicidade o noso medio non o ofrece.

Alguén non preguntou: pero se non gostas de La Caixa, por que aceptas os seus anuncios? A resposta é sinxela: Non se trata de se nos gosta ou non La Caixa. Non temos problemas en que La Caixa anuncie a súa actividade mentres ésta sexa legal. Queremos anunciantes para pagar facturas, para pagar o traballo de xornalistas, para imprimir os exemplares…Eles anunciánse e nós informamos

O problema vén cando La Caixa, ademáis de anunciarse, quere tamén dictar o que se pode dicir e o que non. Anuncios de La Caixa? Benvidos. Imposicións para dicir de que podemos informar e de que non? De ningunha maneira.

Ante isto hai que preguntarse: sempre que vemos un anuncio de La Caixa ou de Abertis debemos temer que o medio en cuestión (sexa público ou privado) estea ocultando algo?

Unha vez aclarado isto, queremos dicir dúas cousas:

En primeiro lugar, queremos agradecer todo o apoio que recibimos durante as últimas horas por parte de xornalistas, lectores e medios de comunicación que todavía falan claro. Queremos tamén deixar claro que nin a prohibición que fixeron os concello de Blanes, Lloret e Calella de repartir a nosa revista nos hospitais públicos da zona, nin a denuncia que nos puxo o asesor de Artur Mas, Josep María Via, nin agora a retirada da publicidade de La Caixa farán variar o noso compromiso coa información. Ao contrario, todo estes ataques reafirman a necesidade de afondar neste camiño.

En segundo lugar, queremos dicir que máis alá do problema económico que poida supoñeir para a nosa publicación, que La Caixa use a súa publicidade para domesticar a información é moi preocupante para o conxunto da sociedade. É moi preocupante que, como explica La Directa, La Caixa intente modular, incluso, os contidos informativos dos medios públicos. É preocupante que os medios privados atendan intereses financieiros ao tempo que silencian cousas tan graves como o escándalo das participacións preferentes, que afecta a miles de cidadáns deste país que perderon millónes de euros en mans de entidades financieiras como La Caixa. Medios privados que tamén silencian accións cidadáns como a desobediencia civil contras as peaxes que alimentan, tamén, as arcas de La Caixa.

Pensáchedes por que en toda España hai 700.000 persoas afectadas polo escándalo das preferentes, cunha cifra de diñeiro ‘perdido” de 26.000 millóns e ninguén di nada? Cantas portadas houbo sobre isto? Cantos telexornais abre con esta noticia? Como pode ser que 700.000 persoas viran como perdían dun día para o outro o 20% dos seus aforros porque foron “mal aconsellados” e isto non sexa un escándalo masivo?

É casualidade?

Contan os xornalistas de Media.cat que o 14 de febreiro houbo ata 84 actos de protesta en toda Cataluña: concentracións contra a reforma laboral, mobilizacións de persoal sanitario, afectados polas preferentes,… miles de persoas mobilizadas que sofren en carne propia estes problemas. As portadas ao día seguinte non parecían deste país. El Punto diario propiedade dun antigo senador de CiU non dicía nada das mobilizacións pero destacaba como o frío disparaba o consumo de sopas e consomés. Para La Vanguardia era máis importante que Toma renunciase á organización dos Xogos Olímpicos que a protesta de miles de persoas. O xornal Ahora cre que a noticia de que Gemma Mengual deixe as piscinas merece unha portada e a protesta contra as preferentes, non.

Casualidades?

Pregúntase o profesor Vicenç Navarro como é que o New York Times, posiblemente o xornal máis influinte do mundo, publique unha serie de artigos onde se fala do ocultamento por parte da familia Botín (Banco Santander) de 2000 millóns en Suíza e que non haxa un medio de comunicación en España que se faga eco.

É casualidade que non se diga nada?

É casualidade que ninguén diga nada? Ou é moi importante que o pobo non saiba que como a familia Botín (e 569 familias máis entre as que hai un número grande de xente da política e a empresa) agochan centos de millóns de euros en bancos suízos para non pagar impostos no noso país.

Nada disto é noticia no noso país. Se queremos sabelo temos que ler o New York Times. Ante todo isto, haberá que estar atentos e ter claro que alí onde hai un anuncio de La Caixa é moi probable que tamén haxa un intento de impoñer un silencio, de agochar algunha verdade. Por sorte no noso país hai medios independentes comprometidos e unha comunidade ben conectada á rede.

Os tempos nos que La Vanguardia, TV3 e Rac1 era as únicas fiestras para coñecer a realidade acabaron. Agora hai que construír alternativas informativas. Estamos traballando niso, ao igual que moitos compañeiros. La Directa, Nacional Digita, Directe.cat, Media.cat, Diagonal, Sirius, Publico.es, Vilaweb…

Son só algúns dos medios que se están convertindo en referentes informativos ante a claudicación xornalísticas dos que calan cousas que non deberían ser caladas.

É unha realidade: sen información ceibe e independente non hai democracia. Hai dictadura de poderes políticos e financieiros. Por iso é preciso que o conxunto da sociedade faga un debate profundo sobre o que está pasando nos medios e tome decisións urxentes. A diferenza entre ter acceso a unha información veraz ou non é a diferenza entre vivir nunha democracia ou non. Xogámonos moito!

Por certo, é moito máis doado gañar a batalla aos bancos que a Mordor. Só hai que poñer os cartos en institucións que sexan éticas, que non invistan en arman e que non intenten colocar aos cidadáns participacións preferentes.