Comunicación
Comunicación
Luís Álvarez Pousa recibe o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

Luís Álvarez Pousa recibe o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

No decurso do acto no que recibiu o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, o director de Tempos Novos e Tempos Dixital, Luís Álvarez Pousa, asegurou que “a función social e política dos medios, do xornalismo e dos xornalistas pasa polo momento máis crítico dos últimos cincuenta anos”. E urxiu un camiño de volta, que só será posible segundo afirmou nunha confluencia entre vontade política, toma de conciencia social, revalidación do xornalismo como profesión e practicándoo como “un contrapoder ao servizo da verdade”. Na súa resposta, o presidente da institución convocante, Luís Menor, refrendou como “imprescindible” o reivindicado papel mediador dos xornalistas, aos que “os políticos debemos respectar -dixo- para sermos respectados”.

Luís Álvarez Pousa, recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

Luís Álvarez Pousa, recoñecido co Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

O director da revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa, vén de recibir o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo na súa vixésimo terceira edición. O xurado salienta no seu fallo a súa longa e intensa traxectoria profesional e a súa contribución á formación das primeiras promocións de xornalistas galegos, alén do seu compromiso co xornalismo cultural e a súa capacidade para xerar pensamento e debate na revista. Destácase no fallo a traxectoria desta publicación, que saíu do prelo ininterrompidamente dende 1997 xuntando ata agora 329 números.

[Escáner] Xenocidio en Gaza. Asesinatos analóxicos e de alta tecnoloxía

logo-tempos-exclusivo [Escáner] Xenocidio en Gaza. Asesinatos analóxicos e de alta tecnoloxía

Até agora, 34.000 gazatís asasinados -a maior parte deles, mulleres e nenos-, 76.000 feridos e 11.000 desaparecidos. O exército israelí ten lanzado máis explosivos sobre eses 321 kilómetros cadrados que os contidos nas bombas nucleares que arrasaron Hiroshima e Nagasaki na segunda guerra mundial.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
A primeira guerra mundial da información

logo-tempos-exclusivo A primeira guerra mundial da información

Malia a propaganda interesada, non estamos ás portas dunha terceira guerra mundial. Pero si que nos atopamos inmersos nunha primeira guerra mundial da información (ou da desinformación). A información como arma de guerra nos escenarios en conflito de Ucraína e Gaza. E tamén como arma política en escenarios nos que a desinformación, as ameazas á liberdade de prensa e os bulos adquiriron carta de cidadanía nas loitas polo poder. Por caso, na España de Ayuso e do PP.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo