Ciencia e tecnoloxía

O tecido social e os cen anos de Química

O tecido social e os cen anos de Química

Foi en 1929 cando o profesor Ferran Calvet i Prats conseguiu a cátedra de Química Orgánica da Universidade de Santiago destacando polo seu trato próximo e aberto que modificou hábitos estabelecidos na relación profesor-alumno. Co seu compromiso socio-político, que combinaba inquedanzas progresistas, republicanas e catalanistas, inmediatamente pasou a defender vivamente o Estatuto de Galicia e a galeguización da Universidade Compostelá.

O efecto Mpemba

O efecto Mpemba

Hai unha anécdota frutífera que vencella propiedades da auga cos procesos de aprendizaxe e descubrimento e, tamén, coa humildade requirida ante a Natureza. É a historia que nos levou ao coñecido como ‘efecto Mpemba’. Foi na década do 1960 cando o profesor de Física Denis Osborne chegou ao University College da capital de Tanzania. Nunha serie de conferencias por centros de ensino do país, no Mkwawa High School un alumno, con experiencia na fabricación de xeados, preguntou como é posíbel que cos mesmos volumes de auga, unha a 35ºC e outra a 100ºC, a segunda conxele antes? O seu nome era Erasto Mpemba. Perplexo, Osborne esquivou a pregunta pero prometeu investigar.

Recoñecemento facial automático para usos policiais: fiable e neutral?

logo-tempos-exclusivo Recoñecemento facial automático para usos policiais: fiable e neutral?

Algúns dos teóricos avances en seguridade en internet poden bater de fronte con dereitos establecidos. Aquela pertinente pregunta sobre quen vixía os vixiantes cobra unha nova dimensión cando o vixiante nin sequera é unha mente humana. Os algoritmos de recoñecemento facial actúan cun claro nesgo de confirmación que converte en sospeitosos a determinados grupos humanos identificados como delincuentes por natureza co perigoso aval da aséptica máquina.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
As ameazas na rede e a resposta controladora dos Estados

logo-tempos-exclusivo As ameazas na rede e a resposta controladora dos Estados

A ciberdelincuencia medra ano a ano baixo formas diversas. É unha realidade que ten provocado cambios na forma de actuar das forzas de seguridade, pero tamén unha lóxica inquedanza cidadán ante o delito e ante os excesos que poidan aparecer no combate contra este. O profesor Virxilio Rodríguez Silva, do Máster sobre Ciberseguridade da Universidade de Vigo, achégannos as súas reflexións sobre esta nova realidade.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
O paradoxo de Parrondo e a pandemia

O paradoxo de Parrondo e a pandemia

Unha senlleira contribución científica española, o paradoxo de Parrondo, aplicada á teoría de xogos, achega chaves gañadoras a partir da combinación adecuada de xogos perdedores, facendo honor á premisa de que unha totalidade é maior e mellor que a suma das partes.

Química orgánica, metano, metanol e outras circunstancias

Química orgánica, metano, metanol e outras circunstancias

Seguro que átomos de carbono agora presentes nas nosas células, nun futuro, acabarán formando moléculas de gas metano, principal compoñente do biogás e do perigoso grisú, temido nas minas de carbón; presente, tamén, nas flatulencias dos animais, no gas dos pantanos e no permafrost polar que, ao fundirse, libera este gas que promove o aumento do efecto invernadoiro e á crise climática que tal incremento supón.