Como vender a Rueda é a maior preocupación da Coalición Inmobilista. As sondaxes sinalan pobres resultados nas eleccións locais. Febreiro deixou unha sentenza infame do TS, valorada como triunfo polo PPdeG, que legaliza a continuidade de Ence na ría até 2073. O litoral será en breve fronte de conflitos en defensa dos bens comúns que, como a masiva manifestación pola Sanidade Pública, marca a construción dunha alternativa de cambio. [Por Manuel M. Barreiro]
O popular Alfonso Rueda e o socialista Valentín G. Formoso tentarán revalidar os seus lideratos nas eleccións de maio. Poranllo difícil o escaso aporte do primeiro na Xunta e á bicefalia que poidera ter que afrontar o segundo tras o arquivo da última causa que pesaba sobre o exsecretario xeral Besteiro. As boas espectativas electorais favorecen, en cambio, a estabilidade da nacionalista Ana Pontón á fronte do BNG. [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
Vaga de incendios altamente destrutivos. Servizos de atención sanitaria desbordados e infradotados. Supresión de unidades escolares no vindeiro curso. Calidade de vida sacrificada en beneficio dunha política turística insostible… Coa indignación non abonda. Salientouno Daniel Innerarity: «O noso gran desafío colectivo consiste en facer que a furia e a crítica sexan capaces de orixinar transformacións democráticas». [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
Non resulta nada fácil resumir nuns poucos artigos periodísticos o devir da socialdemocracia europea, que tivo un indiscutible e relevante papel tanto na historia pasada de Europa como na súa actual configuración. Intentando superar este hándicap e buscando unha mellor comprensión da súa relevancia histórica, o articulista seguirá o método de dividila segundo a conxuntura vivida en Europa a partir do século XX. [Un artigo de Manoel Barbeitos]
Coa derrota da "primavera de Praga", quedou en evidencia que os sistemas políticos do "socialismo real" construídos a imaxe e semellanza do sistema soviético stalinista pouco ou nada tiñan que ver co socialismo e, non digamos, co comunismo. Eran sistemas de partido único, fortemente burocratizado e centralizado, que monopolizaba o poder e se apoiaban en economías planificadas, pero incapaces de cubrir eficazmente a demanda cidadá dos produtos máis básicos. [Un artigo de Manoel Barbeitos]
Os anos 50 marcaron un antes e un despois no devalar dos estados europeos do Leste, ao se producir movementos que poñían en cuestión a súa dependencia do modelo comunista soviético. En tres deles -Hungría, Polonia e Checoslovaquia-, con sorprendentes avances, malia as violentas reaccións de castigo ás que os someteu Moscova. A chamada “primavera de Praga” quedou como referencia de todo elo para a historia. [Un artigo de Manoel Barbeitos]
A guerra ucraína está a provocar nas esquerdas de todo o mundo un forte debate, reflexando nel os posisionamentos diferentes, mesmo totalmente opostos, que inducen a pensar na necesidade de revisar os discursos clásicos a respecto deste tipo de situacións, tendo en conta en todo caso os cambios xeopolíticos que se teñen producido nas últimas décadas. [Un artigo contextualizador de Manoel Barbeitos]
Se un quere avaliar o alcance tóxico do actual dominio do que demos en nomear como neoliberalismo, convén definir ben de que estamos a falar. Para así ter claro a súa distancia do vello liberalismo, o socialismo ou a socialdemocracia. E recoñecerlle o enorme potencial para invadir e contaminar o resto de alternativas ideolóxicas posibles respecto aos nosos problemas sociais. Pois é obvio que os neoliberais non se consideran a si mesmos dentro dunha ideoloxía obxecto de debate, senón en posesión da razón mesma das cousas. [Un artigo de Albino Prada]
Cando Núñez Feijóo pisa a alfombra vermella en Génova 13, faino acompañado por Mar Sánchez Sierra. Vicepresidenta na sombra, como a cualificou Anxo Lugilde. Secretaria Xeral de Medios da Xunta. A máis lonxeva, eficaz e intelixente das persoas de confianza do presidente. Encargada do coidado do seu relato e imaxe, ocúpase de amortecer ou silenciar nos medios calquera crítica ao seu xefe. Mar Sánchez sabe ben que o poder de Feijóo non é eterno, pero ela está onde está para facelo duradeiro. Véñenlle enriba xornadas esixentes e laboriosas para salientar os atributos presidenciais de Feijóo. [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
O ascenso dos partidos de extrema dereita non so é un fenómeno político de primeira orde senón que ten, fondamente ligado a el, unha dimensión cultural. O fenómeno, aínda que teña algunhas características esenciais comúns, é plural. Cas Mudde, recoñecido estudoso do mesmo, cifra en tres trazos isto que os une: autoritarismo (lei e orde), populismo (polarización pobo-nación/elite ou establishment, líder caudillista) e o que chama "nativism", isto é, nacionalismo e xenofobia. [Un artigo de Jorge Álvarez Yágüez]
O 26 de agosto, Ana Pontón comunicou que abría un período de reflexión sobre a súa continuidade como portavoz do BNG. Unha sorpresa maiúscula que acendeu luces de alarma. Hai tempo que unha sonada entidade financeira se anuncia exitosamente como «o banco non-banco». De igual modo, co paso dos días, a suposta crise de liderado no BNG tornou nunha «crise non-crise». [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
«Plata, plomo y palo». Anastasio Somoza sintetizaba a súa política na doutrina dos tres pes: «Plata para los amigos, plomo para los enemigos y palo para los indiferentes». Narcos popularizou a oferta de Pablo Escobar: «Plata o plomo», pero, se se lle quere dar máis calado á encrespada polémica sobre o indulto dos independentistas, hai que reparar no dereito penal do inimigo de Carl Schmitt, actualizado por Günther Jakobs coa contraposición entre un dereito para cidadáns e un dereito para inimigos. [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
Corenta anos despois, desfían as costuras do Estatuto. Fora aprobado á marxe do estatus de soberanías compartidas entre o Estado e a UE, quedando moi condicionado o autogoberno das autonomías. As últimas grandes crises evidenciaron moito desfase no seu articulado. Pese a iso, O goberno de Feijóo séguelle poñendo o freo á reforma de calado que xustificaron os participantes no debate organizado pola revista Tempos Novos.
A portavoz nacional do BNG, a primeira muller en liderar a oposición no Parlamento galego, reivindica o papel do nacionalismo na revalidación de Galicia como nación e no proceso político que leve a acabar coa hexemonía do PP. Pronúnciase sobre a xestión que Feijóo está a facer da pandemia, e teme que o que faga cos fondos europeos se convirta “nunha segunda gran estafa”. Unha entrevista a fondo na que entre outras cousas asegura que “o futuro do país debe asentar en igualdade, innovación e identidade”.
As declaracións do vicepresidente Pablo Iglesias nas que aludía a España como unha democracia non normalizada siguen provocando repudios por parte de cantos defenden a capa e espada a vixencia do réxime do 78. Porén, estanse a dar fenómenos na vida política española que levan a pensar cando menos nunha “democracia minguante”, como a calificou hai xa dous anos Xosé L. Franco Grande, que nos deixou na primavera do 2020, argumentándoo daquela nun artigo publicado en Tempos Novos con feitos que non perderon actualidade. Reproducímolo agora.
As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego. [Un artigo de Isabel Vilalba]
A crise económica de 2009 activou unha vaga democratizadora no mundo. O Estado español non quedou á marxe. Unha profunda crise de lexitimidade corroe o Réxime do 78 desde o inicio dos anos dez. En 2010: o 15-M esixiu democracia real, criticou o sistema de representación, o bipartidismo e os privilexios das oligarquías partidarias. En 2014: mergullada a Casa Real en escándalos e corruptelas desde 2011, abdica Xoán Carlos I. En 2017: como resposta ao referendo do 1-O aplícase o artigo 155 cuestionando a solvencia democrática do Estado das autonomías. En 2020: outra volta, a corrupción sinala á Familia Real. Filipe VI pacta a fuxida do rei emérito para evitar que a súa imputación xudicial magoe á Coroa [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
Non deixan de seren rechamantes, por escandalosos, os criterios que utilizan as elites políticas, mediáticas e económicas occidentais para recoñecer a condición de democráticos aos distintos reximes. Criterios que responden máis aos seus intereses económicos e estratéxicos que aos das realidades políticas. Pódense dar así as situacións máis rocambolescas, por non dicir filisteas, como sucede por caso cando se refiren ben a Latinoamérica, ben aos Estados Unidos. Se ademais se trata de Venezuela, entón xa non hai dúbidas: o réxime venezolano é autoritario, despótico e perigoso para a democracia en Latinoamérica. [Un artigo de Manoel Barbeitos]
Sinálase a Gonzalo Pérez Jácome, pero o grotesco fracaso da coalición de goberno é responsabilidade das dúas dereitas ourensás. A desfeita ten a sinatura de Jácome, Baltar e Feijóo. Nas vésperas da cita electoral de 2019, fabulouse coa existencia dunha alternativa da dereita –Jácome e Democracia Ourensana– como relevo real da outra –Jesús Vázquez Abad e o Partido Popular–. Para evitar que se materializara, Feijóo iniciou a cazaría: «Sería letal para Ourense ter un alcalde como Jácome. Pido aos cidadáns que voten a Jesús Vázquez, mesmo os que consideren que temos defecto e que hai que mellorar». [Un artigo de Manuel M. Barreiro]
Sostiña antes das eleccións do domingo 12 xullo, en Tempos Dixital, que o PP de Feijóo podería volver a conseguir a maioría absoluta mesmo con menos votos grazas a un sistema electoral que sobrerepresenta, en relación ao número de votantes, as provincias de Lugo e Ourense fronte a Coruña e Pontevedra en case dez deputados. Pois co 25% dos votos elixen o 38% dos escanos. Xusto onde o PP segue a ter unha fidelidade excepcional. E así foi: volveron conseguir tres deputados máis dos que precisaban (41 sobre 38), ... milagre!: con cincuenta e sete mil votos menos que en 2016. Por se fose pouco, este truco viuse reforzado por ter capturado nas cinco cidades galegas gobernadas polo PSOE cincuenta mil votos que non recibiran nas últimas municipais do ano pasado. [Un artigo de Albino Prada]
Tempos Dixital utiliza cookies para optimizar la experiencia de usuario. Puedes permitir su uso o rechazarlo, también puedes cambiar su configuración siempre que lo desees.AceptarLeer más
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.