Política

Sobre a vitoria do neoliberalismo provinciano

Sobre a vitoria do neoliberalismo provinciano

O PPdeG quebrou as expectativas da oposición consolidando a súa quinta maioría absoluta, fronte a un BNG en récord de votos e un PSdeG que sofre un forte retroceso. O profesor Albino Prada reflexiona sobre a firmeza con que os populares puxeron sobre a mesa unha aposta recentralizadora, fronte á escasa concreción sobre o papel da autonomía dende a banda esquerda. A esquerda galega precisaría, xa que logo, de pasar á ofensiva sobre as cuestións sociais e territoriais cun programa claramente federal.  

Sinos e sons

Sinos e sons

“Cada sino ten que dar o seu son”, dicía miña madriña en castelán (era salmantina de Candelario) sempre que alguén, considerado até entón boa persoa, sorprendía a todos cunha falcatruada. En cambio, na política que aturamos no Reino de España dende hai demasiado tempo poucos sinos sorprenden. Os seus sons son dende hai anos previsibles e reiterativos nunha cacofonía crispante, que xa cansa.

Este contido é exclusivo para subscritores
Seguir lendo
Luces e sombras dun parto agónico

Luces e sombras dun parto agónico

Outro difícil triunfo do Resistente. Indiscutible e moi traballada vitoria dun Pedro Sánchez que revalida a súa presidencia incluso contra o que el mesmo era e dicía hai uns meses. Pero esta indiscutible vitoria táctica, podería ser asemade un gran erro estratéxico? Non é doado sabelo hoxe. Carentes de facultades adivinatorias, só podemos sopesar as realidades actuais que xogan a favor ou en contra desa posibilidade, e as súas posibles evolucións no futuro próximo.