Mércores 29, Marzo 2023
HomeOutros

Outros

Bangladesh. Febreiro, mes do amor pola lingua

As primeiras raiolas do día espreguízanse co espertar dun dos lugares máis densamente poboados do mundo, Bangladesh. O ruído bole e só se achega un tímido silencio coa escuridade da noite pecha. O resto do día, as rúas semellan unha manifestación na que converxen camiñantes e mercadores con vehículos de todo tipo. Por baixo das pisadas de rodas e pernas, agroman traxectos trazados hai séculos, mais varados no silencio bulicioso do asfalto. [Por Moncho Iglesias]

[Entrevista] Daniel Innerarity, filósofo e ensaísta

Catedrático de Filosofía política e investigador na universidade do País Vasco, e titular da Cátedra Intelixencia Artificial e Democracia no Instituto Europeo de Florencia, Daniel Innenarity (Bilbo,1959) é tamén un dos pensadores máis prestixiosos (a revista Le Nouvel Observateur incluiuno hai anos entre os 25 de máis renome internacional), tendo recibido premios como o Nacional de Investigación Menéndez Pidal na área de Humanidades do último ano.

Segunda onda de gobernos progresistas en América Latina

Despois do ciclo de gobernos progresistas (2002-2014) e do retorno dos gobernos conservadores (2015-2019), América Latina arrinca 2023 con máis incertezas que certezas e máis desafíos que consensos, cunha segunda onda de gobernos progresistas moi distinta á anterior e nun contexto moito máis complexo. [Un artigo de Palmira Chavero]

As eólicas e “As bestas”

A prensa dá conta da acelerada tramitación administrativa coa que o goberno de Rueda pretende subsanar neste ano electoral o retraso que ao seu ver leva en Galicia o proceso das licenzas eólicas. Anúncianse manifestacións en contra do modelo elixido pola dereita gobernante para rendabilizar os muíños de vento. O articulista contrapón ese modelo ao que outros gobernos europeos veñen xestionando sen tantas concesións ao ‘capitalismo de amiguetes’. [Un artigo de Albino Prada]

Credo capitalista

O capitalismo favorece a visión do outro como inimigo e a desigualdade no reparto da riqueza, hoxe ata uns límites nunca vistos en séculos. Cada día vemos comparativas do estilo: o 1% máis rico concentra máis riqueza que o 50% máis pobre, a fortuna das 5 persoas máis ricas do mundo equivale ao PIB dos 100 países máis pobres, etc. Unha foto fixa que non deixa de empeorar. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

[Entrevista] Xabier Vázquez Pumariño, biólogo e consultor ambiental

Xabier Vázquez Pumariño traballa desde hai tres décadas na conservación de especies ameazadas, no seguimento da fauna e flora, en procesos ecosistémicos, implantación de programas de sostibilidade e avaliación de proxectos. Exerce, ademais, como consultor ambiental en eidos como os da ornitoloxía, o desenvolvemento sostible e a cooperación, tanto entre nós como en diferentes países latinoamericanos. [Por Manoel Barbeitos]

[Entrevista] Senén Barro, director do Centro de Tecnoloxías Intelixentes da USC

Senén Barro dirixe o CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago), un dos oito centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia e a referencia galega en investigación en Intelixencia Artificial. É un dos máis cualificados expertos e gran coñecedor do que nos depara o desenvolvemento da IA. [Unha entrevista de Manoel Barbeitos]

A Gran Bretaña do século XXI nunca se viu tan medieval

Calquera no Reino Unido que se imaxinou que vivía nunha democracia representativa voltou á realidade coa morte de Isabel II. Os horarios de televisión foron varridos a un lado. Os presentadores deberon vestir de negro e falar en voz baixa. As portadas foron uniformemente sombrías. Os medios británicos reivindicaron ao unísono o legado intachable da Raíña. Westminster, mentres, foi desposuído de esquerda e dereita. [Un artigo de Jonathan Cook]

Intelixencia Artificial fiable: moda ou necesidade?

A Intelixencia Artificial vai revolucionar o mundo, creando e incorporando sistemas intelixentes no noso día a día. Unha ferramenta que fascina, pero con riscos que desacougan. Unha IA superintelixente pode ameazar a especie humana, ou é tan só dunha nova revolución tecnolóxica? Ten por iso razón de ser a esixencia dunha axencia que supervise o seu campo multidimensional de aplicación, e que ao mesmo tempo haxa unha lexislación que o regule. [Un artigo de José M. Alonso e Alberto Bugarín]

Cando vai quedando atrás a infancia da vellez

Matarán a Reboiras, a última novela do coñecido escritor e xornalista Luís Rei, é unha historia de historias sucedidas en Galicia na década dos anos setenta. Recrea os conflitos obreiros que tiveron lugar en Vigo e Ferrol no ano 1972, a persecución e morte de Moncho Reboiras en 1975 e os acontecementos sucedidos en Ferrol, varios anos despois, coa implantación na ría de Ferrol da planta regasificadora de Reganosa.

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS. O declive da socialdemocracia sueca: o canto do cisne?

Que está pasando en Suecia? Estamos diante do fin do "modelo sueco"? Desapareceu a socialdemocracia para dar paso ao socioliberalismo, como sucede cos seus homólogos europeos? As evidencias demostran que a socialdemocracia sueca, a pesar de seguir sendo o partido máis votado, non foi quen de fuxir do que é unha crise de identidade da socialdemocracia europea. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

Qatar, a perla do mundial

Qatar é unha monarquía absoluta, un emirato independizado de Gran Bretaña en 1971. Do tamaño das provincias de Ourense e Pontevedra unidas, esta península só ten unha fronteira terrestre, Arabia Saudita. O resto do territorio rodéao o golfo Pérsico. A poboación non chega a tres millóns, como Galicia. A principal diferenza entre Galicia e Qatar, en canto a número de habitantes, estriba en que un terzo do total dos da península de Qatar son homes. [Un artigo de Moncho Iglesias Míguez]

TEMPOS NOVOS, premio ao mellor deseño gráfico do ano

O novo deseño da revista TEMPOS NOVOS e o seu creador Daniel Pino, de Faca Lab, veñen de recibir o premio ao mellor deseño gráfico do ano 2022 no decurso dunha gala que se celebrou o venres pola noite en Ourense, á que acudiu numeroso público.

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS. A socialdemocracia faise social-liberal

Nos anos oitenta prodúcese en Europa unha reconversión da socialdemocracia clásica nunha de carácter liberal que chega ao seu cénit coa chamada terceira vía de Tony Blair. O que comportou: o abandono tanto das políticas económicas keynesianas, como do establecemento do estado de benestar, traendo o abandono do pacifismo e a asunción das políticas belicistas da OTAN. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

Italia, laboratorio político en Europa

Nas eleccións do pasado 2022, en Italia gañou a dereita, como en gran medida era previsible. Por primeira vez, na Italia republicana e democrática nacida da Constitución de 1946 e filla da Resistencia chega ao goberno unha dereita forte, a dereita de Giorgia Meloni.  [Un artigo de Nunzia Acanfora]

A memoria do Prestige. 20 anos despois daquel pesadelo

A catástrofe en que deu o afundimento do Prestige quedou para sempre na memoria colectiva do pobo galego. Pasados vinte anos merece a pena lembrar aqueles días de novembro revisitando as páxinas da revista TEMPOS NOVOS, que non son senón un memorando xornalístico que, ao tempo que permite entrar a fondo nos contextos daquel dantesco escenario, desvela tamén algunhas das estancias máis dinámicas e vivas da nosa memoria colectiva.

[CINEMA] O último de Álex de la Iglesia

Lorena e Julián viaxan tódolos fins de semana de Bilbo a Madrid, e viceversa. En concreto, o soporte argumental do filme “El cuarto pasajero” é una destas viaxes, na que Lorena e Julián non van sós no coche, senón acompañados de dúas persoas máis (como, por outra parte, sucede tódolos fins de semana). Nesta ocasión, nesta concreta viaxe, os “acompañantes” son amentados como Rodrigo e Sergio.

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS A socialdemocracia escandinava marca territorio

Que un país no que a socialdemocracia mantivo de maneira absolutamente diferenciada un modelo de convivencia no que primaron o estado de benestar e a neutralidade acabe sendo gobernado, como vén de suceder nas últimas eleccións xerais, pola ultradereita, e abrace o militarismo OTAN, non deixa de ser sorprendente. O analista tenta aportar as claves que explican o sucedido, partindo nesta primeira entrega de subliñar todo o que durante moitos anos se definiu como o “modelo sueco”. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

AS CRISES IDEOLÓXICAS DAS ESQUERDAS A socialdemocracia e os anos dourados (1950-1973)

A gran depresión puxera en evidencia o fracaso do mercado libre, e a partir de entón haberá que complementar o mercado coa planificación e a xestión pública da economía, ou ben actuar dentro dos mesmos. Un marco no que encaixaba perfectamente a socialdemocracia, pero que a esa altura carecía dun proxecto alternativo. Ascendes aos gobernos e non terán outro remedio os socialdemócratas europeos que definir, con diverxencias entre eles, o modelo a seguir. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

Desvelando os armarios de cristal

Recollemos memoria. Cos estas dúas fermosas palabras resume Daniela Ferrández o seu estupendo percorrido histórico pola disisiencia sexual na Galiza. Sería un tópico dicir que é un texto necesario, mais calquera que teña o pracer de lelo, recoñecerá no tópico a súa pertinencia.