Mércores 29, Marzo 2023
HomeOpinión

Opinión

O ensino-orquestra II

A lexión de expertos, neurodidactas, coaches e gurús da educación en xeral, ofrecen solucións máxicas. Falan dunha escola na que os problemas se sortean con vídeos de youtuber e xogos de rol, non con esforzo e orzamentos. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

Soas

O feito de continuar na vida cando moitos sucumbiron dá testemuño dunha enorme solidez. Esa tamén é unha imaxe posible da última vellez: seres extraordinarios, seres limítrofes co abismo que, desprovistos de identidade e de intereses, habitan cara adentro, na pureza do presente. [Un artigo de Rexina Vega]

O ensino-orquestra

Non teño outra autoridade que a de levar 35 anos como profesor, abondo para afirmar que este é un dos poucos artigos nos que vou falar do que sei. Coñézoo a fondo e podo opinar sobre a derrota (fracaso e deriva) que está a operar no ensino, cambios e tendencias xa seica sen volta atrás. Isto é así tanto no ámbito universitario coma no pre-universitario, do que nos imos ocupar. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

Días de intemperie

Cada día concluso azacotaba sen remedio a miña conturbada impaciencia. Mais, a piques de cumprirse o mes dende que lle enviara aquel delicioso obsequio, recibín como a auga de maio a telefonada do meu tío Lisardo. Necesitaba escoitalo para darlle sosego ás porfionas inquedanzas que, mentres tanto, bulían e rebulían nos andeis das miñas ansiosas cavilacións. [Un relato de Xosé Antón Jardón]

Que tropa, que tempos…, que ventos!

No conto Los vientos –unha mistura de ensaio, ficción e acto de contrición– o premio Nobel de Literatura de 2010, Mario Vargas Llosa, esmérase ao tope tratando de explicarnos as convulsas mudanzas destes tempos tan liviáns, de encefalograma plano e talmente desaclimatados. O autor ilústranos sobre a chegada dunha nova era que, malia avanzar e mellorar inmensamente en moitos aspectos, noutros catapúltanos aos comezos do cuaternario. [Un relato de Xosé Antón Jardón]

A postanimalidade ou a redefinición do suxeito

A chegada da guerra cultural da extrema dereita supón poñer a lingua no foco, convertela, de feito, nun albo prioritario. O cambio da lei de violencia de xénero polo da máis neutra Violencia intrafamiliar na comunidade de Castela e León, a eliminación dos termos “ecofeminismo” ou “ecodependencia” nos programas de estudo da ESO na comunidade de Madrid son indicios deste cambio de rumbo que comeza a fraguar. [Un artigo de Rexina Vega]

Cartas sen selo. As fragancias que nunca esvaecen

Na véspera da Noiteboa –que xa queda tan lonxe– Roberto envioume un whatsapp para felicitarme as festas, e eu respondinlle decontado cunha chamada telefónica. Quería escoitar a súa voz, fascinante e sedutora como a luzada da lúa, tan suave e agradábel como a seda, capaz de apoucar as intemperies e os aconteceres cargosos que tanto infestan estes tempos abruptos, acugulados de estragos..., de mediocridade e confusión. [Un relato de Xosé Antón Jardón]

[Relato] É a caligrafía, babeco!

Despois dunha extensa parola co amigo Antonio, fun cara a caixa do correo para comprobar se había correspondencia. Malia a curta distancia, o percorrido fíxoseme tan eterno que non fun quen de apartar da cabeza o teimudo empeñado do meu amigo aragonés en seguir subsistindo sen móbil e en sentenciar, sen despeitearse, que a palabra Whatsapp nunca atopará acubillo nos dicionarios galegos. [Un relato de Xosé Antón Jardón]

E de novo, “puta”

Outra vez pasa, outra vez temos que escoitar esa palabra que denigra, ese compendio de valores tecidos durante centos e centos de anos de misoxinia patriarcal. As mulleres, sempre baixo sospeita, sempre sexualizadas, sempre reducidas a corpo, a animalidade. Desta vez iso, a animalización, era ben clara, non vaia ser que non entendésemos a mensaxe: “Putas, salid de vuestras madrigueras como conejas”. [Por Rexina Vega]

[Relato] Cando pretendes apalpar os sentires da noite

Onte espertei cedo –moi cedo, á rompida do día– e erguinme sen agardar as reprimendas do insolente despertador, aborrecido de tanto gurrar contra o teimudo insomnio, azacotado por un pesadelo cobizoso que se agarrou á codia do meu cerebro como un carrapato esfameado, ansioso de mergullarse no miolo dos meus atoldados pensamentos. [Un relato de Xosé Antón Jardón]

A sociedade psico-patoloxizada

Estamos fronte ao clásico “divide e vencerás”: illar as persoas, infundirlles alarma e ofrecerlles protección, desestruturar a base asociativa das clases traballadoras e marxinadas, cos sindicatos á cabeza, desconectar os acontecementos para que non se fagan evidentes os patróns polos que se rexen...  [Un artigo de Xurxo Borrazás]

Lecturas sobre fascistas

Ninguén sabe se o ultra nacionalismo e os novos imperios poden acabar, outra vez, en fascismo. Menos se sabe se a democracia liberal pode resistir sen perder a súa substancia. Tal vez regresan por iso os libros sobre fascistas.  [Un artigo de Antón Baamonde]

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

Se regresas pola autoestrada –ou se vés de pé feito– dende a Auria ata a nosa Limia, ao alcanzar a planicie, podes saudar a torre do Castro e a escape te atopas coa codia da antiga Lagoa, antes de divisar a vila de Xinzo. Ao avistar a capital da comarca deseguida deixarás alongar a mirada cara aos montes de baixo. [Por Xosé Antón Jardón]

Galicia, cidade única

por Antón Baamonde En 2035, segundo as estimacións do INE, Galicia terá 2´5 millóns de habitantes. Perderá, por tanto, arredor de 200.000 habitantes. A cifra é elocuente. Non hai traballos, non hai futuro e por tanto a xente, especialmente a máis calificada, dirixe os seus pasos a onde sexa que...

Invisíbeis para Portugal, así vai Galiza…

A relación dos galegos co norte de Portugal é cada vez máis estreita e frecuente. Ao longo destas últimas décadas ten progresado moito, malia que a algúns siga parecéndonos insuficiente. A súa aceleración podería axudar definitivamente a definir unha rexión socio-económica máis artellada e rica e a poñela no mundo. [Un artigo de Alberte Santos Ledo]

[RELATO] A insignificancia das cativezas

Iván Raña, home de varios oficios, dedicou toda a súa vida a currar nunha infinidade empresas e a zugar cervexas nas barras dos bares abertos a desora, para matar o tempo que lle sobraba. Traballou case sempre de albanel, mais tamén foi pintor, carpinteiro, ferreiro e incluso exerceu de fontaneiro municipal. [Un relato de Xosé Antón Jardón]

Vítimas on line

Coidar do noso comportamento on line é hoxendía tan importante como votar. Porque con toda esta avanzada tecnolóxica de última xeneración entran en confrontación os avatares tecno-especulativos que lle dan  vida ao capitalismo da vixilancia, por unha banda, e a panoplia de dereitos e liberdades que afortalan e osixenan a democracia, pola outra. [Un artigo de Luís Álvarez Pousa

A persoa xestante

Ser nai e parir non teñen por que ser sinónimos. Ser nai precisa dunha consciencia específica, parir precisa dun proceso biolóxico. Malia que en ocasións ocupen o mesmo lugar, non ocupan as mesmas condicións e deberían partir da mesma premisa: a decisión. A decisión a ser nai e a non selo, a decisión a parir e a non.

As “fake news” novas… e as de toda a vida

A proliferación de pseudomedios asolaga o ecosistema informativo, neutraliza a influencia dos medios tradicionais e serve para que o seu correlato ideolóxico, os políticos e plutócratas sen escrúpulos, se sirvan deles como referencia e coartada. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

[RELATO] Don Alberto e a súa circunstancia

Se Ortega tivese que aturar a inoportuna inconveniencia de ser contemporáneo de don Alberto, atoparíase ante un irrefutábel axioma que o obrigaría a voltear a súa célebre reflexión; e ao mellor formularíaa así: Eu son a miña circunstancia e eu, e se non me salvo eu, non a salvo a ela. Claro, a circunstancia tamén tería unha significación distinta. [Un relato de Xosé Antón Jardón]