Luns 2, Outubro 2023
HomeGlobal

Global

Palestina/Israel: reafirmación do apartheid

O pasado ano 2022 foi o máis violento en Palestina desde o estalido da segunda Intifada. Todo indica que 2023 será aínda moito máis violento. Se durante 2022 o exército israelí matou 225 palestinos, dos que 55 eran nenos, durante os tres primeiros meses deste ano o seu número triplicouse respecto ao mesmo período do ano anterior. De momento contabilízanse un centenar de mortos a mans das forzas de ocupación ata a primeira quincena de abril. [Un artigo de José Abu-Tarbush]

A nova ultradereita e a rebelión das masas conspiranoicas

O ataque ao Capitolio de Washington e o asalto aos Tres Poderes de Brasília inscríbense neste clima de época marcado tamén pola polarización extrema, a intolerancia social, os discursos de odio, as obsesións complotistas e a violencia discursiva. [Un artigo de Ignacio Ramonet]

Segunda onda de gobernos progresistas en América Latina

Despois do ciclo de gobernos progresistas (2002-2014) e do retorno dos gobernos conservadores (2015-2019), América Latina arrinca 2023 con máis incertezas que certezas e máis desafíos que consensos, cunha segunda onda de gobernos progresistas moi distinta á anterior e nun contexto moito máis complexo. [Un artigo de Palmira Chavero]

O auxe dos totalitarismos

Hai evidencias suficientes para poder afirmar con fundamento que graves sucesos ocorridos nos derradeiros anos como, por caso o asalto ao Capitolio en Washington (xaneiro 2021), a invasión rusa de Ucraína (febreiro 2022) e o asalto aos tres poderes en Brasilia (xaneiro 2023) responden a unha mesma estratexia internacional? Non teñen, por caso, relevantes puntos de coincidencia? Non supoñen no fondo, unha manifestación clara do auxe dos totalitarismos no mundo? Preguntas ás que responde este artigo de Manoel Barbeitos.

Xi Jinping apura o paso da China

Tralo XX Congreso do Partido Comunista de China (PCCh), Xi Jinping asegurouse un novo mandato que anticipa unha prolongación do seu poder mesmo máis aló de 2027. A persistencia da figura de Xi á fronte do Partido e probablemente tamén do Estado e do Exército, asegura a continuidade da súa política que neste congreso acentuou os límites co denguismo (1978-2012) precedente. [Un artigo de Xulio Ríos]

Italia, laboratorio político en Europa

Nas eleccións do pasado 2022, en Italia gañou a dereita, como en gran medida era previsible. Por primeira vez, na Italia republicana e democrática nacida da Constitución de 1946 e filla da Resistencia chega ao goberno unha dereita forte, a dereita de Giorgia Meloni.  [Un artigo de Nunzia Acanfora]

Mar rizado en Taiwán

O difícil xogo xeoestratéxico que se está a desenvolver no estreito de Taiwán ameaza con se converter nun dos grandes conflitos no século XXI. A decisión das autoridades chinesas de repudiar a visita de Nancy Pelosi a Taipéi, manifestada de forma insistente nas semanas e días previo, acadou o nivel “wu wei yan zhi bu yu”, o máis elevado en termos de advertencia precisamente para remarcar que se trata dunha liña vermella. [Un artigo de Xulio Ríos]

[A OTAN DESPOIS DE MADRID] Concepto estratéxico ou ambigüidade estratéxica?

Os líderes dos estados membros da OTAN reuníronse en Madrid do 28 ao 30 de xuño para un cumio histórico durante un período desafiante para a seguridade europea. Novamente a OTAN enfróntase a desafíos descoñecidos desde que se crease en 1949. A invasión rusa a Ucraína, a crise enerxética, a ciberseguridade e as crecentes ambicións de China están a socavar a seguridade transatlántica e redefinindo os contornos da Alianza. [Un artigo de Chris J. Dolan e Jared D. Larson]

O SUR TAMÉN EXISTE

Despois da serie de artigos nos que deu conta, con datos e análises contextualizadores que explica a evolución política, social e económica de cada un dos máis importantes países latinoamericanos, o articulista aporta luces sobre o momento polo que pasa, no seu conxunto, a rexión, subliñando as políticas progresistas, liberadoras, que nos últimos anos veñen impulsando algúns dos novos dirixentes desde os seus respectivos gobernos. [Un artigo de Manuel Barbeitos]

A IMPARABLE PRESIÓN DA OTAN

No Referendo sobre a permanencia de España na OTAN celebrado no ano 1986, dos dezasete millóns de votos emitidos case sete millóns optaron pola saída, e nove millóns pola permanencia a condición de que a participación de España non incluirá a súa incorporación á estrutura militar integrada. Dezaseis dos dezasete millóns de votos estaban en contra de que España se integrase nun operativo militar como o que agora temos no leste de Europa. [Un artigo de Albino Prada]

[ENTREVISTA] ALEXIS B. ROMANOV, historiador ucraíno

Este ucraíno de nacemento e formación reside desde hai varios anos en Rotterdam, onde traballa como investigador independente. É doutor en Historia pola Universidade de Kiev e ten publicado análises nas que dá conta e interpreta as claves do conflito que vén condicionando a vida do seu país de orixe. Está seguindo con grande preocupación os acontecementos provocados pola invasión militar de Ucraína. Con el falamos, vía telemática, sobre o que esa invasión e esa situación de guerra pode comportar para Ucraína, para Europa e para o mundo. [Por Xulio Ríos]

UCRAÍNA (IV): A GUERRA QUE EUROPA PUIDO EVITAR

Na cuarta entrega desta serie de artigos sobre os contextos nos que se está a producir a invasión e a guerra de Ucraína, o analista describe a fenomenoloxía que lle dá forma ao que desde hai uns cantos anos identifica o que pasa por ser un novo escenario internacional. No que se explica, sen xustificalo, que a estas alturas do século se produza unha confrontación bélica destas características. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

UCRAÍNA (III): A GUERRA QUE EUROPA PUIDO EVITAR

O articulista remataba a súa última entrega da serie sinalando que a disolución definitiva da que fora a antiga URSS deixara moitos e relevantes problemas pendentes cuxa resolución ia non só determinar o futuro dos antigos estados soviéticos, senón tamén o da propia Europa. E calificaba de catastrófica esa resolución, explicando nesta terceira entrega as razóns, ao tempo que explica o protagonismo de Putin a partir do ano 2.000. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

UCRAÍNA (II): A GUERRA QUE EUROPA PUIDO EVITAR

Os conflitos que levaron á disolución da vella URSS, e os fenómenos que ese acontecemento comportou para unha reconfiguración do poder no leste europeo, viñeron enmarcando no interior de Rusia dinámicas de poder que explican en parte as raíces da problemática que, por enquistada, nunca deixou de condicionar a coexistencia de soberanías antes inexistentes, e tamén por iso mesmo as estratexias político/militares na post-guerra fría. [Un artigo de Manoel Barbeitos]

[UCRAÍNA, GUERRA EN EUROPA] Hai que elixir entre máis Rusia ou máis Europa

Rusia é agora sinónimo dos que buscan no pasado as razóns do futuro. Putin e Erdogan, Trump, Vox, Lle Pen, Johnson e moitos máis. Hai que elixir entre eles e o que representa a UE: defensa da democracia, da colaboración entre os pobos por enriba de fronteiras. Son opcións moi afastadas, a guerra de Ucraína expón unha disxuntiva que é o eixo do último capítulo do meu ensaio Máis aló da Estado Nación. [Un artigo de Enrique Sáez Ponte]

[UCRAÍNA, GUERRA EN EUROPA] Unha nova idade xeopolítica

Bótanse de menos os informes que obxectivan os tempos dun conflito tan dramático como o de Ucraína, que vén xa de moito atrás. O dos prolegómenos (¿qué causas o fixeron inevitable e que índice de responsabilidade corresponde a cada un dos actores que o protagonizan?) e o das consecuencias para ese país e as súas xentes, para a Rusia de Putin, para Europa e para o mundo. Este artigo publicado na súa versión en castelán por Le Monde Diplomatique, mensual do que o seu autor, o xornalista e analista internacional Ignacio Ramonet, foi director, incide nese campo de análise e interpretación. O dos contextos.

[UCRAÍNA, GUERRA EN EUROPA] Unha necesidade estratéxica e histórica para Putin

Cando aínda non se producira a invasión rusa en Ucraína, a revista Tempos Novos publicou no seu número de Febreiro un artigo do analista David Alvarado, experto en política internacional, no que aportaba as claves interpretativas do momento crítico no que se atopaba o conflito, que Putin podería estar a punto de facelo explosionar de maneira unilateral e violenta. Segue tendo interese para coñecer e entender mellor -que non xustificar- os contextos.

FUTUROS PARA AFGANISTÁN

O 11 de Setembro, 20 anos despois do fatídico 11S, os EUA debían completar a retirada das súas tropas de Afganistán, cumprindo así coa promesa realizada nos acordos subscritos cos Talibán en Doha en febreiro de 2020. Fixérono, pero o desenlace quedou en mans dos fundamentalistas, que detectan todo o poder. E agora que? O experto en temas internacionais e analista de TN aporta as claves coas que prefigurar os escenarios posibles. [Un artigo de Xulio Ríos]

ELECCIÓNS PRESIDENCIAIS EN EE.UU. QUE PODERÍA PASAR?

A maior parte das sondaxes outórganlle unha clara vantaxe ao candidato presidencial demócrata Joe Biden sobre o seu rival, o actual presidente Donald Trump, do Partido Republicano. Malia que Trump podería perder a elección, aínda non se pronunciou sobre se recoñecería ou non a súa eventual derrota. Pola contra, tenta asentar a idea da fraude e deslexitimar a quen podería convertirse no seu sucesor. [Un artigo de Ignacio Ramonet]

O CORONAVIRUS OCULTA OUTRAS CRISES HUMANITARIAS

Entre os múltiples efectos colaterais da pandemia da COVID-19 está a evidencia de que outros gravísimos problemas que afectaban e seguen afectando a unha parte nada desprezable da humanidade desapareceron das portadas mediáticas e do debate político,  deixando así de teren visibilidade. Crises humanitarias cuxa característica común é a de ter lugar en países da periferia, na área menos desenvolvida da economía mundo capitalista. [Un artigo de Manoel Barbeitos]