Sábado 3, Xuño 2023
HomeEconomía

Economía

[Entrevista] José Manuel Naredo, economista e ensaísta

Se alguén merece ser considerado unha eminencia do pensamento económico a contracorrente, ese é José Manuel Naredo, premio nacional de Economía e Medio Ambiente, que vén de publicar "La crítica agotada. Claves para un cambio de civilización" (Editorial Siglo XXI), un ensaio sobre como as palabras determinan o pensamento e como o pensamento determina a realidade. [Por Manoel Barbeitos]

RBU, jornada laboral e desalarización

Paralelamente á necesaria redución de xornada, é imprescindible avanzar cara a unha renda básica que incentive a repartición do tempo de traballo asalariado dispoñible que faga posible aquela redución, redistribuíndo así para cada cidadán o tempo liberado do traballo asalariado. Esta combinación de políticas sociais faría posible reducir drasticamente a dependencia laboral extrema na que vive un 40 % dos traballadores. [Un artigo de Albino Prada]

Pensións: contra o consenso neoliberal

Postúlase atrasar a idade de xubilación e xubilarse cunha pensión inicial máis baixa. Dificúltase así que os actualmente desempregados tomen o relevo dos ocupados con máis de 35 anos de cotización, cunhas formas de cálculo que darían unhas pensións iniciais medias menores. Son medidas que ben agradecerán os que venden plans de pensións privados. [Un artigo de Albino Prada]

PIB no 2022: Os primeiros somos os últimos?

Agora que Eurostat vén de avanzar os datos da evolución do PIB nunha segunda onda (o pasado 14/02/23), xa podemos pór nomes (país) e apelidos (resultado global) dentro da Unión Europea. Para iso ordenamos de menor a maior a situación a finais do pasado ano 2022 se partimos todos do nivel 100 en 2019 (pre-pandemia). [Un artigo de Albino Prada]

O PIB no ano 2022: ¿sacando peito?

Os datos ofrecidos por Eurostat o 31 de xaneiro de 2023 do crecemento da Unión Europea en 2022, postos en comparación cos datos previos coñecidos de 2021 e 2020, ofrecen unha visión realista da situación na que nos atopamos na recuperación post-covid en termos de PIB. [Un artigo de Albino Prada]

EVOLUCIÓN RECENTE DA PRECARIEDADE LABORAL EN ESPAÑA

A boa noticia, segundo o analista é que se observa unha redución directa do que chamamos dependencia extrema (precariado) en España. A non tan boa é que podería estar mutando un vector de dependencia asociado a unha reducida duración do contrato por outra dependencia –non menor- centrada en non acceder a contratos a tempo completo. [Un artigo de Albino Prada]

[ENTREVISTA] XOSÉ CARLOS ARIAS, economista

O libro Laberintos de la prosperidad (Galaxia Gutemberg, 2021), sírvenos de guía para entrevistar a un dos seus autores, Xosé Carlos Arias, catedrático de Política Económica na Universidade de Vigo, quen xunto a Antón Costas aborda con valentía e rigor intelectual a complexidade que agocha actualmente nas entoldadas augas da economía e a política democrática. [Unha entrevista de Manoel Barbeitos]

PENSIÓNS, SALARIOS E INFLACIÓN

No último ano, tanto o Banco de España como o Banco Central Europeo desentendéronse de enfrontar as causas de fondo da bomba inflacionaria que se estaba activando. Limitáronse a dicir que era un asunto momentáneo e sectorial. Asombroso para quen se supón os máximos responsables de que a inflación non supere o 2 %. [Un artigo de Albino Prada]

INFLACIÓN, BALA DE PRATA OU BOMBEIRO PIRÓMANO?

Diante dos alarmantes índices de inflación, o autor deste artigo alerta a respecto do que parece que poidera estar calibrando o BCE para paliar os seus efectos: a elevación dos tipos de interese, por canto entende que esa decisión esterilizaría a depreciación do euro, dificultando as exportacións das nosas economías e favorecendo un maior risco de parálise económica e crecente desemprego. [Un artigo de Albino Prada]

A GALICIA TRIUNFAL DE FEIJÓO

A comezos do mes de marzal, Alberto Núñez Feijóo presentou o novo Plano Estratéxico de Galicia 2022-2030 ao mesmo tempo que se postulaba para presidir un Partido Popular que sexa quen de recuperar a Moncloa. Supoño eu que a súa acreditada xestión da Xunta de Galicia é un activo que lle permitiría replicar as maiorías electorais galegas en toda España. Non entendo de maiorías electorais, pero teño dúbidas de que, se iso se decidise polos méritos da xestión, o presidente leve moito capital ao seu favor. Vexamos. [Un artigo de Albino Prada]

MERCADO ELÉCTRICO: ILUSIÓN NEOLIBERAL OU PESADELO?

O descontrol dos prezos da electricidade na UE deriva, como causa de raíz , de ter creado un falso mercado que lles permite ás eléctricas actuar como se fosen un monopolio. Desa maneira, son quen de manipular os prezos para maximizar os seus beneficios. As consecuencias estámolas sufrindo nas nosas facturas eléctricas. [Un artigo de Albino Prada]

ESPAÑA E PORTUGAL: ILLA ENERXÉTICA OU PENÍNSULA ASIMÉTRICA?

Sostén o Goberno que unha posible saída á rateira na que o gas natural levou a inflación podería ser considerar á Península Ibérica como unha illa do sistema eléctrico europeo e adoptar medidas específicas ao respecto. Paga a pena investigar se nos asemellamos tanto neste asunto tan crítico. [Un artigo de Albino Prada]

MUTACIÓNS CAPITALISTAS E SOCIALDEMÓCRATAS EN ESPAÑA

No primeiro parágrafo do documento estratéxico do reciente 40º Congreso do PSOE queda moi claro que do que se trata é de avanzar nunha nova socialdemocracia. Non será socialista (algo que queda vacante) pero, polo que parece, tampouco o centrismo en boa medida neoliberal co que outros partidos das vellas socialdemocracias (grego, francés, británico, ou o PSOE de González ou Zapatero) entraron en colapso. [Un artigo de Albino Prada]

[ENTREVISTA] ALBERTO TURNES ABELENDA, economista

As liortas políticas que se producen coa reivindicación dun reorientado financiamento autonómico provocan tanto ruído que fan inaudibles os argumentos cos que os estudosos tentan definir o modelo máis xusto e equilibrado. Un deles, o profesor da USC Juan Alberto Turnes Abelenda, colaborador de TN, desvela nesta entrevista datos que axudan a entender en que dirección se terían que orientar os fluxos fiscais directos e indirectos entre Galicia e o Estado.

SOBERANÍA E AUTODETERMINACIÓN

Imos supor que rematamos este ano deixando atrás a incerteza sanitaria na que nos meteu esta pandemia a comezos de 2020. Que coas vacinas e as precaucións sociais somos quen de recuperar o punto no que colapsou case todo. Ao parecer xa temos á venda dous tratamentos sociais de amplo consenso: unha acelerada recuperación con transición enerxética e dixital. [Un artigo de Albino Prada]

[ENTREVISTA] CARLOS CRUZADO, PRESIDENTE DE GESTHA

Carlos Cruzado é presidente dos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) desde 2005. Desenvolveu gran parte da súa carreira profesional na Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) e no Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC). Unha das voces autorizadas máis críticas coa política fiscal e económica levada a cabo polos últimos Gobernos do PSOE e o PP, como defensor dun sistema fiscal máis eficiente e xusto, preservando o Estado de Benestar.

O ANO DA TAXA TOBIN

Cúmprese o ano que vén un cuarto de século dende que a sociedade civil comezou a esixir a implantación en todo o mundo dun imposto ás transaccións financeiras. Popularizouse como Taxa Tobin, lembrando así ao economista que primeiramente formulou a proposta, que ten por obxetivo a redución do dano que a especulación financeira pode ocasionar na economía polo simple funcionamento do sistema capitalista. [Un artigo de Ricardo García Zaldívar]

GALICIA 2000-2019. XERACIÓN SOCIAL E AMBIENTAL PERDIDA

O balance socioeconómico e medioambiental das dúas primeiras décadas deste século non é precisamente positivo para Galicia, como moi ben argumenta o analista tras estudar detidamente unha serie de indicadores extraídos da estatística oficial. A radiografía que describe pon contra a parede as propagandas da Xunta e as declaracións dos seus colaboradores máis leais.[Un artigo de Albino Prada]

[IN MEMORIAM] ENTREVISTA CON XAQUÍN ÁLVAREZ CORBACHO

Vén de fenecer Xaquín Álvarez Corbacho, catedrático de Facenda Pública e de Economía Aplicada, que foi alcalde de O Grove nos primeiros anos da democracia, membro do Consello de Contas durante o bipartito e articulista, colaborando como tal en Tempos Novos. Reproducimos a entrevista que o xornalista Luís Villamor lle fixera para a citada revista (número 199) ao pouco de se xubilar. Nada do que afirma nela perdeu actualidade.

[ENTREVISTA] ANTÓN COSTAS, catedrático de Política Económica

Antón Costas Comesaña (Matamá, Vigo,1949) especilizouse na investigación e no estudo dos procesos de formación das políticas públicas e sobre os procesos de reforma económica. Forma parte do prestixioso IREA, o instituto de economía aplicada da Universidade de Barcelona, na que imparte clases sobre esa mesma materia e desde abril é presidente do CES.  Na prensa escrita tense revelado como un dos máis lúcidos analistas da actualidade económica e política.