Economía

Desigual recuperación tras da pandemia de 2019 e ruptura da “globalización”

Desigual recuperación tras da pandemia de 2019 e ruptura da “globalización”

En 2023, na China a demanda externa restou seis décimas ao crecemento do PIB en troques de sumar, e nos Estados Unidos sumou seis décimas por vez de restar. Un cambio radical de papeles no ano 2023 do que compre tomar boa nota para entender boa parte do que está a pasar polo mundo (guerras comerciais e das outras incluídas). Produto da inflexión das anteriores presidencias de Donald Trump que, nestes asuntos, continuou Biden.

As desigualdades triunfantes

As desigualdades triunfantes

Estes días foi aireado un gráfico segundo o cal en Galicia se pode ser un “profesional” moi ben retribuído. O truinfalismo desta información oculta detalles que merecen unha análise máis profunda que amosa unha realidade moi diferente.

Fusións? A banca é un servizo público

Fusións? A banca é un servizo público

En España produciuse xa un proceso de desaparición dun eficiente sector público bancario e, posteriormente, diversas medidas que levaron á práctica desaparición dunha parte do sector financeiro de carácter social como as Caixas, que foron saneadas con fondos públicos para despois ser basicamente regaladas á banca privada, finalmente receptora desas axudas ademais das que tamén recibiu pola súa propia crise. Esa crise terminou nunha concentración en moi poucos bancos. O resultado foi unha perda de competencia que prexudicou aos cidadáns e incrementou o beneficio desas empresas.

Riqueza e Benestar Social: o criterio da ordinalidade dentro do Reino de España

Riqueza e Benestar Social: o criterio da ordinalidade dentro do Reino de España

Os problemas de fondo para acercarnos máis a lóxica dun sistema federalizante e máis redistributivo pasan sobre todo por facer converxer os esforzos dos máis ricos, o que mantería e reforzaría a actual ordinalidade, e en facer crecentes os beneficios do resto das nacionalidades e rexións segundo diminúe o seu nivel de riqueza por habitante. Sempre co horizonte federalizante de que (á parte das contas da Seguridade Social) os ingresos se xestionen e recaden metade a metade polo Estado e polas nacionalidades e rexións.

Economía: falamos de puntos e á parte?

Economía: falamos de puntos e á parte?

Perdendo factores de competitividade nas actividades non turísticas, e dependendo máis a cada paso destas, é improbable que poidamos solucionar os graves problemas de emprego cualificado e de acceso á vivenda dos nosos mozos. Un círculo vicioso no que non vai ser doado poñer un punto e á parte. Provocando unha corrosión social que, combinada cunha pulsión publicitaria extrema ao consumismo desaforado, de non corrixirse con rotundos puntos e á parte, pode levarnos a caer nas mans de mesías e tele predicadores… dun capitalismo aínda máis salvaxe.    

O Ibex35 (Telefónica, Naturgy, Sabadell) e os xigantes silenciosos

O Ibex35 (Telefónica, Naturgy, Sabadell) e os xigantes silenciosos

O Goberno semella estar disposto a compartir con La Caixa a defensa da soberanía de dúas empresas clave do Ibex, Naturgy e Telefónica, probablemente porque os recursos públicos que serían precisos non son facilmente dispoñibles e, ao tempo, porque La Caixa é unha das poucas superviventes financeiras dos tsunamis do Ibex tras da crise de 2008, xa que tanto o BBVA como o BSCH son hoxe en grande parte criaturas ligadas aos silenciosos xigantes norteamericanos.

Rompendo moldes no debate industrial en Galicia

Rompendo moldes no debate industrial en Galicia

Hai en Galicia un formigueiro empresarial fervendo que precisaría dun capital social e institucional á súa altura. Un capital que anda secuestrado por un grupo neoliberal de amiguetes moi centrípetos en asociacións e lobbies ben engraxados. A mala noticia é que mentres as cousas sigan así, as mellores enerxías do país ou se suman a esa conga extractiva, ou se amañan pola súa conta.