Domingo 28, Maio 2023
HomeComunicación

Comunicación

CRTVG. Indignación e coraxe

Escalada de protestas diante da deriva autoritaria da CRTVG. Redaccións baleiras para denunciar a represión laboral e as inxerencias políticas no labor informativo. As fraquezas dos epígonos de Feijóo esixen medios públicos de obediencia cega. O complexo político-mediático trenzado ao redor dos conservadores está envorcado en conter o desexo de cambio. Tras 15 anos sen ampliar as súas competencias e capacidades de goberno, Galicia vése acorada por unha Autonomía zombi. [Un artigo de Manuel M. Barreiro]

[ENTREVISTA] David García-Marín, sociólogo da Comunicación

Tomando como base o caso Pegasus, destapado por The New Yorker seguindo un informe de Citizen Lab sobre a espionaxe a políticos independentitas cataláns, entrevistamos ao profesor David García-Marín, da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid (URJC), sobre o que algúns analistas denominan a “sociedade da vixianza”. [Unha entrevista de Miguel Vázquez Freire]

A CONTRACORRENTE

Que unha publicación como Tempos Novos, que naceu a contracorrente de discursos e políticas de intervención directa nos sistemas de produción informativa dos medios tradicionais galegos, fose quen de manter a salvo e durante todo un cuarto de século a súa desafiante carta de navegación, desabastece de argumentos a quen veñen sostendo, acomodados nunha prexuizosa e insolidaria resignación, que non hai alternativa viable ao modelo que aqueles representan.

TANXUGUEIRAS E OS “MECANISMOS MANIPULABLES”

O fenómeno Tanxugueiras, e canto se coceu no Benidorm Fest para seleccionar a quen vai representar a España en Eurovisión, seguen provocando reaccións que van moito máis alá do espectáculo e da fanfarria eurovisiva. Neste caso, é unha catedrática de Economía aplicada (Universidade de Vigo) a que aporta unha nova maneira de ver e analizar os feitos nun artigo que na súa versión en castelán recolleu The Conversation. [Un artigo de Coral del Río Otero]

[ENTREVISTA] JOSÉ M. PÉREZ TORNERO, Presidente da Corporación RTVE

É o primeiro Presidente da RTVE elixido tras un concurso público. José Manuel Pérez Tornero é un experto en alfabetización mediática, e chegou á Corporación cunha proposta revalorizadora dos medios públicos. Entrevistouno para TEMPOS NOVOS Agustín García Matilla, que tamén participou no concurso e seguiu profesionalmente un percorrido parecido. Foi a finais do pasado mes de novembro, saíndo publicada no número de xaneiro da revista. Tornero anuncia iniciativas que servan para refundar Radiotelevisión Española cun marco xurídico e económico propio.

A DESFACHATEZ XORNALÍSTICA (GALEGA) 6

Cando unha resposta no Un Dous Tres ofrecía dúbidas, o risoño presentador Kiko Ledgard recibía unha mensaxe de realización, adoptaba un aceno grave e anunciaba solemne: “Escoitemos a voz dos supertacañóns”. Facíase un silenzo reverencial, case relixioso, coma se soase a campaíña que na misa precede a consagración e unha voz en off profunda, omnipresente pero intuitivamente localizada no alto... [Un artigo de Xurxo Borrazás]

J.M. PÉREZ TORNERO [ENTREVISTA]

Está consensuado o nome do catedrático J.M. Pérez Tornero para que sexa quen presida RTVE. Aválao un amplo currículum profesional, académico e investigador. TEMPOS NOVOS entrevistouno hai agora un ano: ”Sen alfabetización mediática, nin unha boa educación nin unha sólida democracia”, declarou entón quen é ademais consultor en comunicación educativa e televisións públicas para diversos organismos internacionais.

A DESFACHATEZ XORNALÍSTICA (GALEGA) 5

Diciamos na primeira entrega que as plumas da Voz de Galicia proporcionan iluminacións epifánicas, froito da serendipia. O 27 de xullo, X.C. Caneiro escribía: “Disculpen a chanza, pero a clave dalgúns artigos de opinión reside en botarlle a culpa a algo ou a alguén, do que sexa: senón, para que escribimos”. Voilà. A esa lección de xornalismo, que supoñemos irónica, só lle engadiriamos un signo de interrogación ao final. En castelán, como está escrita, dous. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

O DÍA DOS MEDIOS EN GALEGO: PARA ELES

Hai anos entendín que os científicos non só tiñamos que investigar e dar clase no ensino superior ou conferencias en congresos, senón divulgar a ciencia e que chegase a xente tanto das cidades como do rural e particularmente aos máis novos, porque é a forma de que a xente entenda o que facemos, a cantidade de cousas que aínda non sabemos e de que poidan entender mellor o mundo que nos rodea. [Un artigo de Ángel Carracedo]

A DESFACHATEZ XORNALÍSTICA (GALEGA) 4

O ego inflamado e a autoridade autoatribuída inzan na Voz de Galicia. X.L. Barreiro Rivas, sempre ameno, satírico e erudito, maniféstaos graficamente o 16 de xullo: “Durante a protorrevolución populista (2015-2020) só houbo un teórico da democracia —eu mesmo— que se mantivo fiel ao principio básico do sistema…” [Un artigo de Xurxo Borrazás]

A DESFACHATEZ XORNALÍSTICA (GALEGA) 3

Todo medio de comunicación exhibe ou disimula unha liña editorial marcada polos seus propietarios, a de La Voz de Galicia é a da burguesía neoliberal, españoleira e tradicionalista da Coruña. Non me refiro a Santiago Rey Fdez-Latorre senón aos propietarios do propio Fdez Latorre. Sen cuestionar a lexitimidade de que así sexa, a competencia entre liñas editoriais que aspiran a situar a axenda propia no centro do debate público de maneira solerme, fai que cada axenda procure desnaturalizar a suposta neutralidade das liñas editoriais rivais, expoñéndoas como o que son, ideoloxía, non información. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

A DESFACHATEZ XORNALÍSTICA (GALEGA) 2

No cumio europeo de xullo aprobouse o paquete de axudas para facer fronte ás consecuencias da Covid-19. O 26 de xullo, Roberto Blanco Valdés publica un artigo no que ensarilla a seguinte lista de elementos léxicos: fiasco, impúdico, autobombo, monclovita, desprezo, fracaso clamoroso, corifeos, goberno Frankenstein, bestia negra, desastroso, incapacidade, desastrosa, debilitado, catastrófico, retraso, gravísimos erros, draconiano, drástico, devastadoras, vergoñento, calamidades, irresponsable, errática, estragos, males, insufrible, regodeo no engano. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

A DESFACHATEZ XORNALÍSTICA (GALEGA) 1

Tomo parafraseado o título da esclarecedora obra de Ignacio Sánchez-Cuenca publicada en 2016, na que analizaba artigos en prensa e ensaios sobre a actualidade dun grupo de escritores españois, especialmente sobre o conflito territorial, autores aos que lles doe unha España que o procès catalán e os abertzales bascos aspiran a desmembrar. Os escritores revisados tiñan en común o seu pasado de esquerdas no tardofranquismo e a Transición, mesmo a súa adscrición a ETA ou o GRAPO, e a súa evolución cara a posicións conservadoras. [Un artigo de Xurxo Borrazás]

DOPAXE MEDIÁTICA

Algún medio de comunicación dominante tira da axenda coa que Núñez Feijóo gañou as eleccións do 2009, cando solemnizou os seus mítins cun propagandístico contrato con Galicia que consistía principalmente en sacarnos da crise económica e minguar as cifras das persoas en paro? Ningún. De facelo, caería o pano que oculta a radiografía económica que o profesor Albino Prada describe e argumenta con datos oficiais no TEMPOS NOVOS do mes pasado. En todos os principais indicadores, estamos peor que hai once anos. Malia todo, segue tendo máis alá e máis acá do Padornelo fama de gran xestor. Unha contradición que engorda na medida en que profundamos no proceso de deconstrución ou desmontaxe ao que se entregou en áreas e sectores relacionados co noso estado de benestar, o autogoberno e a democracia. Entón? Algo terá que ver a dopaxe mediática coa que se presentou ás tres convocatorias da última década. [Un artigo de Luís Álvarez Pousa]

A LIBERDADE DE PRENSA, AMEAZADA

Escribín e publiquei este artigo hai 4 anos o día en que anualmente se alude à liberdade de expresión e de prensa como un sostén imprescindible da democracia. Catro anos despois, todo o que dicía nese artigo segue tendo vigor. Nada cambiou. Pola contra, a pandemia está poñendo en carne viva todo o que eu denunciaba daquela. [Por Luís Álvarez Pousa]

A VERDADE E O XORNALISMO, EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Temos a sensación de que todos menten. Fano os gobernos e a oposición impulsados polo electoralismo e polos desexos de manter o poder ou de acceder a el. Menten as sondaxes de opinión. E menten os medios de comunicación por razóns de mercado ou porque ceden á tentación sensacionalista. A infiltración da mentira na toma de decisións políticas, cada vez máis controladas por programas e programadores tecnodixitais, pon a democracia contra as cordas. A verdade está en perigo de extinción. E con ela o xornalismo ético, que ten precisamente na busca da verdade o que xustifica a súa existencia. [Un artigo de Luís Álvarez Pousa]

POLÍTICA E VERDADE

Comprender a novidade da actual política require un exercicio de arqueoloxía do presente. Catro textos da filósofa Hannah Arendt contribúen a esta tarefa: “Verdad y política” (1968), “La mentira en política. Reflexiones sobre los Documentos do Pentágono” (1971) en Verdad y mentira en la política (Página Indómita, Barcelona, 2017); “Las secuelas de régimen nazi: un reportaje desde Alemania” (1950), “La cosecha de tempestades” (1975) en En el presente. Ensayos políticos (Página Indómita, Barcelona, 2017). Cal é a relación entre embustes e acción política? En que tipos de mentira se patentiza? En quen depositar a esperanza? [Un artigo de Miguel A. M. Quintanar]

ANA LUISA BOUZA, socióloga

A socióloga e experta en comunicación política e xénero Ana Luísa Bouza, exmilitante do BNG e colaboradora de En Marea dende a súa asemblea fundacional, atribúelle ao portavoz desa organización, Luís Villares, un carisma crecente, e prognostica que os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol faran a foto con el na campaña das municipais. Exdirectora Xeral de Igualdade, exdeputada autonómica, e afanada agora na comunicación política, cre imprescindible que os medios públicos sexan independentes do goberno, o que sería á súa vez garantía de que os privados mantivesen a raia os seus intereses económicos. Observa que “o xornalismo ten que descubrirlle á xente o que os políticos non deixan ver”.

[CRTVG] FEIJÓO MANTÉN SECUESTRADA A LEI DE 2011

“Eu non vexo a televisión galega". Con esa lacónica resposta aos xornalistas, o presidente Núñez Feijóo eludía recoñecer a rebelión que desde hai case cinco meses escenifican ante as cámaras, vestidos de loito, traballadores e traballadoras da CRTVG. Son os chamados Venres negros, que exteriorizan tanto a protesta contra a manipulación e o sectarismo político, o estigma co que naceron e medraron os medios públicos, como a angueira de rescatalos para que poidan cumprir coa misión de servizo público. É nese obxectivo precisamente no que converxen a lei de creación aprobada en 1984 e a que a reformou 27 anos máis tarde, no ano 2011. Inutilmente. [Un artigo de Carlos Montenegro]

OUTRA RTVE É POSIBLE

A toma de RTVE polo PP abortou a primavera que os medios públicos estatais viviron entre o 2006 -coa lei que os liberaba da tutela gobernamental- e o 2011. O premio Media Tenor Global TV Awards ao mellor informativo do mundo, por diante da BBC e da TF1 francesa, supuxo o recoñecemento internacional a unha forma de facer xornalismo desde unha televisión de servizo público. Coa derrogación desa lei por Rajoy, aqueles cinco anos de viño e rosas mutaron en anos de manipulación, censura e purgas de profesionais. Co descrédito social medido nas peores audiencias. Pero outra RTVE é posible. Non só recuperando aquela primavera informativa. Tamén afrontando a reforma integral da radiotelevisión pública en España. [Un artigo de Carlos Montenegro]