Entre a memoria dun avó, unha baralla de cartas e a historia dunha lingua que esmorece, a perda aparece como resultado do desuso. O que deixamos de practicar, de transmitir e de nomear acaba por desaparecer. E ás veces cómpre volver soster as cartas con dúas mans para non abandonar a partida.
















