Amor, poder e vinganza danse a man na historia de Inés de Castro, a galega que foi asasinada por razóns de Estado e acabou convertida en raíña despois de morta. Entre Galicia e Portugal naceu un dos grandes mitos da Idade Media, unha historia tráxica que a literatura, a música e o cine se encargaron de manter viva.










