“Enser”, de Marcos Lorenzo, é un libro heterodoxo que, a medida que o ía lendo, recordaba o libro heterodoxo por excelencia da cultura galega, De catro a catro de Manoel Antonio, no aspecto no que ao meu entender se parecen estes dous inclasificables libros: máis que ofrecernos o resultado do proceso creativo, ofrécennos en toda a súa viveza e louzanía o propio discorrer do proceso creativo. [Un artigo de Xosé Ricardo Losada]