Poeta exquisito, erudito incansable e pioneiro da arqueoloxía galega, Fermín Bouza Brey (Ponteareas, 1901-Santiago, 1973) foi unha das grandes figuras da cultura do século XX. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, sistematizou o coñecemento do pasado máis remoto de Galicia e abriu novos camiños na poesía co neotrobadorismo.













