En contraste cos nosos “curmáns” bretóns, nós os galegos en xeral non presumimos da actividade pirata e corsaria do noso pasado. Máis ben a agochamos, sobre todo a de certas familias de poderío económico da Coruña, Vigo ou de Compostela.

Quen sabe que a fortuna das familias burguesas dos Barrié e de Eusebio da Garda fíxose en boa parte mediante o tráfico de escravos? Quen, que a cidade coruñesa foi un importante porto corsario e negreiro ata ben avanzado o século XIX? Quen, que o Estado Español foi un dos últimos en abolir a escravitude? Por que non se fala practicamente nada disto nos manuais de Historia que se estudan nos centros de ensino?