Iolanda marchara de moi nova a Barcelona para traballar de camareira –iso é o que dicían– e nunca regresara ata hai cousa de dous anos ao lle morrer a nai. E foi entón cando decidiu ficar na aldea.
Iolanda marchara de moi nova a Barcelona para traballar de camareira –iso é o que dicían– e nunca regresara ata hai cousa de dous anos ao lle morrer a nai. E foi entón cando decidiu ficar na aldea.
As invernizas e sempiternas noites da infancia nunca se cansan de rebrotar na nosa memoria. Nunca. Cada vez que apalpamos tempos indecisos –infestados de xeadas rabiosas e chuvieiras reincidentes– en que a bocanoite chega canda a tarde…
Nos camposantos descansan os ósos da xente que sempre falou en galego; mais, no tránsito da vida á morte, a meirande parte dos curas impóñenlle, aos familiares dos seres queridos, o seus último adeus nunha lingua distinta.
Eu non comprendía como aromas tan ordinarios podían distraer a miña mente con tantos recordos pretéritos. Puiden saber que, cando as moléculas olfactivas chegan ao cerebro, buligan e furgan no sistema linfático, ata atopar os recordos que, ao longo da vida, se van almacenando na artesa dos pretéritos.
Resolto o enigma das pasadas eleccións locais, e xa imbuídos no do 23X, un par de xornais daban conta dun informe ‘sobre a situación económica-financeira dos concellos galegos’, auspiciado polo Observatorio Municipal Galego, da Rede Localis, e asinado por Alberto Vaquero, profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.
Xa que, en breve, imos renovar as corporacións locais, tal como van as cousas –e observando por onde van os tiros e as propostas– todo parece indicar que, nos vindeiros anos, teremos que seguir chamándolle “concellos de Galicia” ás nosas entidades locais, no canto de poder falarmos de “concellos galegos” [Por Xosé Antón Jardón]