Afirma Manolo Rivas, flamante Premio Nacional das Letras Españolas, que non é un individuo, senón o herdeiro dunha tradición. Únese así a voces como a música Mercedes Peón, a quen hai pouco sentín dicir que o seu cantar era o de voces que veñen de lonxe e atravesan o seu corpo. Coincido con ambos e discrepo a un tempo . Porque si, Manolo Rivas é herdeiro dunha tradición que o cruza, ergueuse sobre ombros de xigantes e soubo mirar máis alá.